Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

BANDO - V FESTIVAL BREASON (2026) E MAGOSTO POPULAR

BANDO

DON MANUEL ÁNGEL OTERO LEGIDE, ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO

FAGO SABER:

Con motivo da celebración da V Edición do Festival Breason e o Magosto popular que terá lugar o día 7 de novembro de 2026, e co fin de garantir a seguridade das persoas, o bo desenvolvemento das actividades e a protección do Conxunto Histórico,

DISPOÑO:

PRIMEIRO.- Prohibición de estacionamento e corte ao tráfico rodado.

Queda prohibido o estacionamento de vehículos e cortado o tráfico rodado o sábado, día 7 de novembro de 2026, dende as 12:00 horas ata as 04:00 horas do domingo día 8 de novembro, nas seguintes rúas:

Rúa Concepción
Rúa Progreso
Rúa Lence Santar
Rúa Alfonso VII
Rúa Lodeiro Piñeiroa
Rúa Andrés Baamonde
Rúa Casas Novas

A prohibición de estacionamento farase efectiva dende as 12:00 horas do mesmo día 7 para permitir a instalación de valado e sinalización.

SEGUNDO.- Garantía de emerxencias e garaxes.

En todo momento quedará garantido o paso a vehículos de emerxencia (sanitarios, bombeiros, Garda Civil e Protección Civil) e o acceso a garaxes particulares dos veciños e veciñas residentes, debendo seguir en todo caso as indicacións da organización, da Policía Local e de Protección Civil.

Pregamos a máxima colaboración da veciñanza e desculpen as molestias. O Festival Breason é un evento de interese cultural para a nosa cidade.


O que fai saber para xeral coñecemento.


O Alcalde,

(Podes descargar o Bando asinado a seguir)

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com