Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

CONTRATACIÓN PROGRAMA GARANTÍA XUVENIL 2026 DA XUNTA DE GALICIA (COFINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA NO MARCO DO PROGRAMA FSE+ GALICIA 2021-2027)

image1_2026_Tur_Sub

CONTRATACIÓN PROGRAMA GARANTÍA XUVENIL 2026 DA XUNTA DE GALICIA (COFINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA NO MARCO DO PROGRAMA FSE+ GALICIA 2021-2027)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publicou, no DOG núm. 108, do 11 de xuño de 2026, a Orde do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración coas entidades locais e cos organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2026.

Posteriormente, recibiuse neste concello a Resolución de concesión dunha subvención, de data 11 de agosto de 2026, da Secretaria Xeral de Emprego e Relacións Laborais por delegación do Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026, a través da que se concede unha subvención para a contratación de 1 empregado/a para a realización de tarefas administrativas (CNO 4500), por un importe de 16.902,64 €, para a obra/servizo denominada Tarefas Administrativas.

Tramitouse un expediente do proceso selectivo convocado polo Concello de Mondoñedo para a cobertura de un (1) emprego de persoal laboral temporal, a xornada completa, por un período de nove meses, para realizar tarefas administrativas (CNO 4500) para a obra/servizo denominada Tarefas Administrativas para o Concello de Mondoñedo segundo convocatoria e bases de proceso selectivo aprobadas mediante Resolución da Alcaldía núm. 2026-0355, do 2 de outubro de 2026, remitindo tal e como establece a Orde de convocatoria a Oferta de Emprego á Oficina do SPEG en Mondoñedo.


Posteriormente, e tras recibir a información proporcionada polo SPEG de Mondoñedo, cóntase coa proposta contida na Acta das sesións do Tribunal celebradas o día 21 de outubro de 2026 para un (1) emprego de persoal laboral temporal, a xornada completa, por un período de nove meses, para realizar tarefas administrativas para o Concello de Mondoñedo, e posteriormente mediante Resolución da Alcaldía núm. 2026-0406, do 22 de outubro declarase seleccionado e nomease persoal laboral de carácter temporal a D. Anxo García Carracedo co que se formaliza un contrato vinculado a programas de políticas activas de emprego, a xornada completa (Mod. 405), ao abeiro do programa de fomento de contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

Data de inicio: 29/10/2026
Data de fin: 28/07/2027

Obxectivos desta contratación: adquisición de práctica e experiencia profesional na realización de tarefas administrativas na Administración Local, neste caso, mediante un contrato de traballo de 9 meses, período no que o traballador, realizará estas tarefas en distintos servizos do Concello de Mondoñedo.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com