BANDO
DON MANUEL ÁNGEL OTERO LEGIDE; ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO
FAI SABER
Que co motivo da XXXV Concentración de Motos que terá lugar en Mondoñedo o venres día 6, sábado día 7, e domingo día 8 de marzo de 2026:
1. A Praza da Catedral peranecerá pechada ao tráfico o venres, día 6; sábado, día 7 e domingo día 8 de marzo.
2. Prohíbese o estacionamento na Rúa Peña de Francia o Sábado, día 7 de marzo, con motivo do traslado da parada de Taxi.
3. Permanecerán pechadas e prohibirase o estacionamento dende as 10.00 horas do sábado, día 7 de marzo e ata as 14.00 horas do domingo, 8 de marzo nas seguintes rúas:
Rúa Andrés Baamonde, Rúa Concepción, Rúa Progreso, Rúa Alfonso VII, Rúa Lodeiro Piñeiroa, Rúa Guevara, Rúa Bispo Sarmiento, Praza do Concello e Praza da Catedral.
4. Prohíbese tamén o estacionamento os días venres, día 6 e sábado, día 7 na Rúa da Fonte na liña de estacionamento pegada ao Palacio Episcopal e na Praza do Seminario na liña de estacionamento pegada ao muro da horta do Palacio Episcopal.
5. Prohibirase o estacionamento e circulación na Rúa Viñas da Veiga o Sábado, día 7 a partir das 14.00 horas ata as 20.00 horas no treito á altura do CEIP Álvaro Cunqueiro con motivo da exhibición de STUNT.
6. As Rúas adxacentes poderán sufrir resticcións.
Agradecemos de antemán a súa colaboración e pedimos desculpas polas molestias que se podan ocasionar.
O que se fai público para xeral coñecemento e correspondentes efectos
Mondoñedo, marzo de 2026,
O Alcalde
(pode descargar o bando asinado no aquivo pdf a seguir)