Que segundo a documentación que consta nestas dependencias municipais, resulta que este Concello foi beneficiario da actuación PROGRAMA PROTECCIÓN CIVIL: VESTIARIO, incluída no PLAN DEPUTACIÓN DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2025 da Deputación de Lugo.
Mediante esta actuación realizouse a adquisición de roupa para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mondoñedo (AVPC) a través da empresa Decoro 2016, SL situada en Vilalba. Era moi necesario complementar o equipamento do que dispoñía a AVPC, para o seu correcto funcionamento coa adquisición coa adquisición de vestimenta: 4 parkas protección civil con forro desmontable; 4 cazadora softshell basic; 3 polar cazadora Protección Civil con escudos; 3 pantalón bielástico con reflectante.
Esta adquisición permitiu proporcionar nos operativos maior uniformidade na vestimenta dos voluntarios contribuíndo nunha mellora da imaxe corporativa da agrupación.