Que segundo a documentación que consta nestas dependencias municipais, resulta que este Concello foi beneficiario, no ano 2025, da actuación PROGRAMA DE ACTIVIDADES CULTURAIS PLAN DEPUTACIÓN 2025 (ESCOLA DE MÚSICA), incluída no PLAN DEPUTACIÓN DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2025 da Deputación de Lugo:
ESCOLA DE MÚSICA:
A Escola Municipal de Música, é un centro de titularidade pública, que depende directamente do Concello de Mondoñedo, que desenvolve a súa actividade durante todo o ano. O plantel docente co que contou a Escola de Música na anualidade 2025, e imputado a este programa do Plan Único é o seguinte:
- Juan Ramón Carballal González: Director e profesor que impartiu violín, viola, interpretación musical, orquestra.
- Xulia Nogueira Fernández: Profesora de Violoncello, contrabaixo, Coro, Linguaxe musical, música e movemento e formación de adultos.
- Rubén Solloso Irimia: Profesor de instrumentos de metal (trompeta, trompa, trombón,...) e banda.
A Escola Municipal de Música conta con alumnas/os de todas as idades, xente moza e adulta, en grupos diferenciados por idades, veciños de Mondoñedo e o Concello limítrofe de Lourenzá.
A maior abundamento, a Escola Municipal de Música realizou unha serie de actividades ao longo do ano 2025, a maiores dos ensaios individuais co alumnado, como son, concertos, actuacións musicais para o público mindoniense, etc.
En conclusión, a Escola de Música, nunha vila de gran tradición cultural pero cunha limitación notable de recursos económicos, como é Mondoñedo, é fundamental de cara á súa contribución á posta en valor da cultura e o importante arquivo musical, ademais de servir como medio de esparexemento e actividade de ocio, para nenos e nenas, mozos/as e adultos, contribuíndo tamén a proporcionar ao seu alumnado, non só coñecementos culturais, senón todos os beneficios inherentes á práctica dunha actividade musical: mellora das habilidades lectoras e de escritura, sobre todo en nenos/as con dislexia; mellora das capacidades motoras e motrices, mellora do estado anímico, así como a socialización, aprendizaxe de valores persoais e grupais, etc.
Polo tanto, a Escola de Música constitúe un medio fundamental de promoción e dinamización cultural para o público de todas as idades do noso Concello.