Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

CONTRATACIÓN PROGRAMA GARANTÍA XUVENIL 2025 DA XUNTA DE GALICIA (COFINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA NO MARCO DO PROGRAMA FSE+ GALICIA 2021-2027)

Garantia-xuvenil-2025

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publicou, no DOG núm. 160, do 22 de agosto de 2025, a Orde do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025.

Posteriormente, recibiuse neste concello a Resolución de concesión dunha subvención, de data 28 de outubro de 2025, do Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais por delegación do Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración ao abeiro da Orde do 13 de agosto de 2025, a través da que se concede unha subvención para a contratación de 1 empregado/a para a realización de tarefas administrativas (CNO 4309), por un importe de 16.380,09 €, para a obra/servizo denominada Tarefas Administrativas.

Tramitouse un expediente do proceso selectivo convocado polo Concello de Mondoñedo para a cobertura de un (1) emprego de persoal laboral temporal, a xornada completa, por un período de nove meses, para realizar tarefas administrativas (CNO 4309) para a obra/servizo denominada Tarefas Administrativas para o Concello de Mondoñedo segundo convocatoria e bases de proceso selectivo aprobadas mediante Resolución da Alcaldía núm. 2025-0396, do 7 de novembro de 2025, remitindo tal e como establece a Orde de convocatoria a Oferta de Emprego á Oficina do SPEG en Mondoñedo.


Posteriormente, e tras recibir a información proporcionada polo SPEG de Mondoñedo, cóntase coa proposta contida na Acta das sesións do Tribunal celebradas o día 25 de novembro de 2025 para un (1) emprego de persoal laboral temporal, a xornada completa, por un período de nove meses, para realizar tarefas administrativas para o Concello de Mondoñedo, e posteriormente mediante Resolución da Alcaldía núm. 2025-0420 do 27 de novembro declarase seleccionada e nomease persoal laboral de carácter temporal a D.ª Nerea Magide Pásaro coa que se formalizará un contrato vinculado a programas de políticas activas de emprego, financiado con Fondos Europeos a xornada completa (Mod. 406), ao abeiro do programa de fomento de contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

Data de inicio: 01/12/2025
Data de fin: 31/08/2026

Obxectivos desta contratación: adquisición de práctica e experiencia profesional na realización de tarefas administrativas na Administración Local, neste caso, mediante un contrato de traballo de 9 meses, período no que a traballadora, realizará estas tarefas en distintos servizos do Concello de Mondoñedo.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com