Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

BASES DO CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL - 2025

Cartel Concurso Decoración Nadal-2025

CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL MONDOÑEDO 2025
Bases reguladoras

Introdución
O Excmo. Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convoca unha nova edición do Concurso de Decoración de Nadal, co obxectivo de fomentar o espírito navideño e a participación cidadá na ornamentación de espazos do municipio.
Preténdese dar protagonismo aos veciños e colectivos locais, promovendo a súa implicación activa na creación dun ambiente festivo, acolledor e respectuoso co entorno histórico e patrimonial de Mondoñedo, vila pertencente á rede dos ¿Pueblos Más Bonitos de España¿.
Con esta iniciativa búscase que rueiros, prazas, fachadas e parroquias luzan a súa mellor imaxe nestas datas, contribuíndo a dinamizar a vida social, cultural e turística do municipio.

1. Ámbito de participación
Poderán participar todas as persoas empadroadas en Mondoñedo, así como propietarios de inmobles ou establecementos situados no termo municipal.
A participación poderá ser individual ou colectiva, segundo as categorías establecidas.

2. Categorías
Establécense as seguintes modalidades de participación:

a) Modalidade Individual:
Veciños ou familias que decoren o exterior da súa vivenda: fachadas, balcóns, ventás, portais, xardíns ou terrazas visibles desde a vía pública.

b) Modalidade Individual: Establecementos e negocios.
Comercios, oficinas, negocios que teñan escaparate, ventás ou portais, que sexan perfectamente visibles desde o exterior.

c)Modalidade Colectiva ¿ Casco Urbano:
Conxunto de veciños que se organicen para adornar de maneira conxunta unha rúa, praza ou recuncho do núcleo histórico ou urbano.

d) Modalidade Colectiva ¿ Parroquias Rurais:
Asociacións veciñais, culturais ou grupos de veciños que decoren un espazo representativo da súa parroquia ou núcleo de poboación (capelas, prazas, entradas, fontes, parques ou zonas comúns). Poderán presentarse varias propostas dentro dunha mesma parroquia ou barrio.

3. Xurado
O xurado estará composto por:
¿ Un representante da rede ¿Pueblos Más Bonitos de España¿.
¿ Un representante da Oficina Municipal de Turismo de Mondoñedo.
¿ Un representante da Mancomunidade de Turismo da Mariña Lucense.
¿ Un representante da Xunta de Galicia.
¿ Un representante dunha asociación cultural local, elixido por sorteo.
A coordinación do concurso recaerá en Abel Vigo, que manterá informada á Concellería de Cultura durante todo o proceso.

4. Criterios de valoración
O xurado valorará os seguintes aspectos:
¿ Calidade artística e creatividade das composicións.
¿ Orixinalidade e respecto polo espírito do Nadal.
¿ Integración co entorno urbano ou rural e respecto polo patrimonio.
¿ Uso de elementos tradicionais do Nadal galego.
¿ Iluminación equilibrada e respectuosa co medio.
¿ Harmonía cromática, recomendándose tonalidades vermellas, verdes, douradas e prateadas.
As decoracións deberán ser exteriores e visibles desde a vía pública, salvo na modalidade individual, na que poderán incluírse portais ou terrazas accesibles á vista.

5. Inscricións
As persoas ou colectivos interesados poderán inscribirse de dúas formas:
¿ Presencialmente na Oficina Municipal de Turismo de Mondoñedo.
¿ Por teléfono, chamando ao 982 50 71 77, indicando que desexan participar no Concurso de Decoración de Nadal.
Deberanse facilitar os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono de contacto.
Unha vez finalizada a decoración, os participantes deberán enviar unha fotografía que facilite a valoración do xurado.

6. Prazo de inscrición
O prazo permanecerá aberto ata o 5 de decembro de 2025 (inclusive)

7. Duración do concurso
As decoracións deberán permanecer instaladas durante todo o mes de decembro de 2025 e ata o 6 de xaneiro de 2026, para contribuír á ambientación xeral das festas.

8. Premios
Concédense os seguintes premios, de carácter único por modalidade:
¿ Modalidade Individual: 100 €
¿ Modalidade Individual para comercios e negocios: 100 €
¿ Modalidade Colectiva ¿ Casco Urbano: 200 €
¿ Modalidade Colectiva ¿ Parroquias ou barrios no rural: 200 €
O Concello poderá outorgar mencións especiais a propostas destacadas pola súa creatividade, sustentabilidade ou posta en valor do patrimonio local.

9. Resolución e entrega de premios
O fallo do xurado farase público na primeira semana de xaneiro de 2026.
A entrega de premios celebrarase nun acto público organizado pola Concellería de Cultura.

10. Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación íntegra destas bases e das decisións do xurado, que serán inapelables.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com