BANDO
DON MANUEL OTERO , Alcalde do Excmo. Concello de Mondoñedo.
FAI SABER: que o vindeiro día 1 de xullo está prevista a re apertura das piscinas municipais, sendo o horario do seu funcionamento de 12 a 20 horas, e permanecerán abertas ata o 31 de agosto, sen prexuízo da posibilidade de modificar tales datas, en función das condicións climatolóxicas. Abrirase máis días sen cambiar os prezos.
Poderán ir as oficinas de ABANCA para pagar os abonos para a entrada na instalación. RECORDAMOS que dentro do abono familiar entrarán os coniventes da familia que vivan na mesma casa (pais/nais, fillos/ as que dependan dos pais). Terase que presentar na instalación das piscinas tanto o xustificante de pago como os datos dos abonados.
O control das normas da piscina corresponde aos socorristas, normas que serán igual a todos os anos. Entre todos colaboraremos para que devandito traballo de prevención sexa o máis sinxelo posible.
Para facer esta solicitude é necesario presentar os carnets de identidade dos integrantes da familia, no caso de abono familiar, ou ben do solicitante en caso de ser abono individual. Así mesmo será necesario aportar fotografía tamaño carnet de cada socio ou fotocopia da mesma.
Os prezos actuais son os seguintes:
a) Nenos de menos de 5 anos:
Non pagan.
b) Nenos e mozos ata 18 anos inclusive:
Entrada diaria.................................3,50 €.
c) Mozos e adultos (de máis de 18 anos):
Entrada diaria.................................4,50 €.
d) Abonos individuais:
Abono mensual...............................20,00 €.
Abono tempada..............................35,00 €.
e) Familiares:
Abono mensual...............................28,00 €.
Abono tempada..............................42,00 €.
Os cursos de natación terán un prezo de:
Para calquera dúbida sobre o funcionamento das instalacións, para dúbidas sobre a realización dos abonos, pódese chamar ao teléfono 605790091.
O Alcalde,
D. Manuel Ángel Otero Legide
(A seguir, pode descargar o documento asinado)