Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

BANDO - CORPUS CHRISTI 2025 / FOLEÓN OS MUÍÑOS 2025

BANDO

DON MANUEL ÁNGEL OTERO LEGIDE; ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO


Que con motivo da Festa do Corpus Christi 2025, que terá lugar o vindeiro domingo, 22 de Xuño, e para levar a cabo a elaboración das alfombras florais dende o sábado, día 21, ás 15.00 horas ata o luns, día 23 de Xuño ás 08.00 horas, prohíbese a circulación rodada e estacionamento de vehículos polas seguintes rúas:

Praza da Catedral
Rúa Alfonso VII
Rúa Lodeiro Piñeiroa
Rúa Guevara Rúa
Andrés Baamonde
Rúa Progreso
Rúa Bispo Sarmiento
Rúa Concepción
Zona do Cristo (confluencia entre Bispo Sarmiento, Jose María Pardo)
Leiras Pulpeiro
Rúa Leiras Pulpeiro
Rúa Pacheco
Rúa Lence Santar

As rúas adxacentes sufrirán restriccións na circulación polo que se recomenda os espazos de estacionamento habilitados.

Ademais con motivo da celebración do Foleón de San Xóan do Barrio dos Muiños, o domingo 22 de Xuño, prohibirase o estacionamento e a circulación a todo tipo de vehículos na Praza do Muiños, e a partir das 15:00 horas do Luns 23 de Xuño, tamén na Praza pequena situada na zona posterior ao Establecemento de O Valeco.

Polo exposto anteriormente a circulación desviarase de xeito provisional pola Rúas San Roque e Álvaro Cunqueiro, as cales habilitaranse en dobre sentido de circulación, polo tanto prégase que se extremen as precaucións na condución, atendendo a sinalización circunstancial.

A tal efecto colocaranse os sinais e paneles indicadores necesarios para orientación dos propietarios de vehículos e mellor desenvolvemento da circulación rodada.

Agradecemos a colaboración e molestias que se podan ocasionar aos/as veciños/as da cidade pola súa implicación para un perfecto desenvolvemento do CORPUS 2025.

O que fai saber para xeral coñecemento.

O Alcalde;
Don Manuel Ángel Otero Legide

(pode descargar o bando asinado a seguir)

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com