BANDO
DON MANUEL ÁNGEL OTERO LEGIDE; ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO
FAI SABER
Que con motivo da celebración das procesións da Semana Santa que terán lugar o vindeiro Xoves, 17 de Abril e Venres, 18 de Abril, prohíbese a circulación rodada e estacionamento de vehículos polas seguintes rúas:
XOVES 17 de Abril, dende as 18:00 ata as 23:00 horas:
- Rúa da Fonte (dende a confluencia da Rúa Álvaro Cunqueiro ata entrada de Rúa Rigueira)
- Praza da Catedral.
- Rúa Álvaro Cunqueiro.
- Rúa San Roque.
VENRES 18 de Abril, dende as 7:00 as 23:00 horas.
- Praza da Catedral.
- Rúa Alfonso VII.
- Rúa Lodeiro Piñeiroa.
- Rúa Guevara.
- Rúa Andrés Baamonde.
- Rúa Progreso.
- Rúa Bispo Sarmiento.
- Rúa Concepción.
- Zona do Cristo (confluencia entre Bispo Sarmiento, Leiras Pulpeiro e Jose
María Pardo)
- Rúa Leiras Pulpeiro.
- Rúa Pacheco.
- Rúa Lence Santar.
- Avenida San Lucas (dende a zona do cristo ata a confluencia con Rúa Marina Mayoral)
- Rúa Marina Mayoral.
- Praza Jaime Cabot.
- Rúa da Fonte (dende a Praza do Seminario ata entrada de Rúa Rigueira).
As rúas adxacentes sufrirán restricións na circulación polo que se recomenda os espazos de estacionamento habilitados.
A tal efecto colocaranse os sinais e indicadores necesarios para orientación dos propietarios de vehículos e mellor desenvolvemento da circulación rodada.
Agradecemos a colaboración e molestias que se podan ocasionar aos/as veciños/as da cidade pola súa implicación para un perfecto desenvolvemento das Procesións da Semana Santa.
O que fai saber para xeral coñecemento.
O Alcalde;
D. Manuel Ángel Otero Legide
(pode descargar a versión asinada en pdf a seguir)