BANDO
DON MANUEL ÁNGEL OTERO LEGIDE; ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO
FAI SABER
Que con motivo da celebración das distintas probas deportivas que se desenvolverán na nosa Cidade dentro da Toxiza Gran Trail 2025, o sábado día 5 de abril.
Non se permitirá a circulación a toda clase de vehículos, dende as 05:00 horas ata as 22:00 horas do sábado, día 5 de abril, así como a entrada e saída de garaxes, nas seguintes Rúas:
- Avda. San Lucas.(O tramo dende as confluencias con Bispo Sarmiento e Marina Mayoral.)
- Rúa Leiras Pulpeiro.
- Camiño do Sabelo.(O tramo dende as confluencias con Marina Mayoral e Leiras Pulpeiro)
- Praza San Juan.
- Praza Peña de Francia.
- Rúa Concepción.
- Rúa Febrero.
- Rúa da Rigueira.
- Rúa Rio Sixto.
- Rúa da Fonte, (dende a confluencia con Praza do Seminario, sentido Praza da Catedral).
- Rúa Pardo de Cela.
- Rúa Julia Pardo (dende a edificación antiga Seat sentido ascendente).
- Rúa Alfonso VII.
- Rúa Lodeiro Piñeiroa.
- Rúa Guevara.
- Rúa Bispo Sarmiento.
- Rúa Andrés Baamonde.
- Rúa José María Pardo.
- Rúa Progreso.
- Rúa Lence Santar.
- Rúa Pacheco.
- Praza da Catedral.
A Praza da Catedral permanecerá pechada ao tráfico rodado dende as 15.00 horas do xoves, día 3 de abril ata as 15.00 horas do luns, día 7 de abril.
Agradecemos a colaboración e as molestias que se podan ocasionar aos/as veciños/as. Así como a súa implicación para o perfecto desenvolvemento das probas.
O que fai saber para xeral coñecemento.
O Alcalde;
(Pode descargar, a seguir, en formato pdf o documento assinado dixitalmente)