Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

BANDO XXXIV CONCENTRACIÓN DE MOTOS - 2025

 BANDO

DON MANUEL ÁNGEL OTERO LEGIDE; ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO


FAI SABER

Que co motivo da XXXIV Concentración de Motos que terá lugar en Mondoñedo o venres día 21, sábado día 22, e domingo día 23 de marzo de 2025:

1. A Praza da Catedral peranecerá pechada ao tráfico o venres, día 21; sábado, día 22 e domingo día 23 de marzo.


2. Prohíbese o estacionamento na Rúa Peña de Francia o Sábado, día 22 de marzo, con motivo do traslado da parada de Taxi.


3. Permanecerán pechadas e prohibirase o estacionamento dende as 10.00 horas do sábado, día 22 de marzo e ata as 14.00 horas do domingo, 23 de marzo nas seguintes rúas:
Rúa Andrés Baamonde, Rúa Concepción, Rúa Progreso, Rúa Alfonso VII, Rúa Lodeiro Piñeiroa, Rúa Guevara, Rúa Bispo Sarmiento, Praza do Concello e Praza da Catedral.


4. As Rúas adxacentes poderán sufrir resticcións.

Agradecemos de antemán a súa colaboración e pedimos desculpas polas molestias que se podan ocasionar.


O que se fai público para xeral coñecemento e correspondentes efectos


O Alcalde;


(pode descargar o documento assinado no pdf a seguir)

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com