Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

PLAN DEPUTACIÓN DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2024: PROGRAMA DE ACTIVIDADES CULTURAIS DEPUTACIÓN 2024 (ESCOLA DE MÚSICA)

Deputación-Cultura-2024

Que segundo a documentación que consta nestas dependencias municipais, resulta que este Concello foi beneficiario, no ano 2024, da actuación PROGRAMA DE ACTIVIDADES CULTURAIS PLAN DEPUTACIÓN 2024 (ESCOLA DE MÚSICA), incluída no PLAN DEPUTACIÓN DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2024 da Deputación de Lugo:

ESCOLA DE MÚSICA:
A Escola Municipal de Música, é un centro de titularidade pública, que depende directamente do Concello de Mondoñedo, que desenvolve a súa actividade durante todo o ano. O plantel docente co que contou a Escola de Música na anualidade 2024, e imputado a este programa do Plan Único é o seguinte:
- Juan Ramón Carballal González: Director e profesor que impartiu violín, viola, interpretación musical, orquestra.
- Xulia Nogueira Fernández: Profesora de Violoncello, contrabaixo, Coro, Linguaxe musical, música e movemento e formación de adultos.
- Rubén Solloso Irimia: Profesor de instrumentos de metal (trompeta, trompa, trombón,...) e banda.
A Escola Municipal de Música conta con alumnas/os de todas as idades, xente moza e adulta, en grupos diferenciados por idades, veciños de Mondoñedo e o Concello limítrofe de Lourenzá.
A maior abundamento, a Escola Municipal de Música realizou unha serie de actividades ao longo do ano 2024, a maiores dos ensaios individuais co alumnado, como son, concertos, actuacións musicais para o público mindoniense, etc.
En conclusión, a Escola de Música, nunha vila de gran tradición cultural pero cunha limitación notable de recursos económicos, como é Mondoñedo, é fundamental de cara á súa contribución á posta en valor da cultura musical, ademais de servir como medio de esparexemento e actividade de ocio, para mozos/as e adultos, contribuíndo tamén a proporcionar ao seu alumnado, non só coñecementos culturais, senón todos os beneficios inherentes á práctica dunha actividade musical: mellora das habilidades lectoras e de escritura, sobre todo en nenos/as con dislexia, mellora do estado anímico, así como a mellora de relación cos demais, etc.

Polo tanto, a Escola de Música constitúe un medio fundamental de promoción e dinamización cultural para o público de todas as idades do noso Concello.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com