Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidad

BASES DO DESFILE DE ENTROIDO - CONCELLO DE MONDOÑEDO 2025

BASES DO DESFILE DE ENTROIDO - CONCELLO DE MONDOÑEDO 2025

  1. Todos os participantes poderán anotarse no correo entroidomindoniense@gmail.com ou nos teléfonos 982524003 (INSCRICIÓNS) e 982507177 (INFORMACIÓN). O prazo máximo para inscribirse será ata as 23,59 horas do venres 7 de marzo. Á hora de inscribirse facilitaranse os seguintes datos: nome do disfraz, nome completo da persoa disfrazada, número do DNI da persoa representante, teléfono de contacto, enderezo, e no caso de grupos e comparsas, nome da asociación, cif, e/ou nome completo dunha persoa responsable do grupo.
  2. Os dorsais deberán ser recollidos entre as 16 e 17 horas do sábado, do edificio municipal do Campo dos Paxariños (antiga oficina de Emprego) e serán adheridos ao disfraz nun lugar visible.
  3. Ás 17 horas, os disfraces deberán estar preparados para atender ás indicacións da organización e proceder ao seu posicionamento no desfile, para que discorra coa máxima orde posible e cumprir co horario previsto.
  4. O desfile sairá do Campo dos Paxariños, ás 17:30 horas, e percorrerá a avenida San Lucas e as rúas Bispo Sarmiento, Andrés Baamonde e Progreso para finalizar na Praza da Catedral.
  5. As comparsas e charangas que gardarán unha entidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación.
  6. Considérase categoría infantil aqueles participantes menores de ata 12 anos de idade incluídos. No apartado de grupos infantil, polo menos a metade dos seus compoñentes deberán ser menores de ata 12 anos de idade, podendo ir acompañados de varios maiores disfrazados. As parellas compostas por un membro maior de idade deberán anotarse na categoría de adultos. Os menores da categoría infantil poden ir acompañados en todo momento por unha persoa maior responsable.
  7. Os grupos de adultos poderán anotarse en dúas categorías en función do seu tamaño: ata 10 ou máis de 10 membros. Os grupos que concorran acompañados dunha carroza deberán cumprir as seguintes dimensións para poder desfilar polas rúas da cidade: 2,5 metros de ancho, 7 metros de longo e 4 metros de alto.
  8. O xurado cualificará tanto nas rúas como na propia praza da Catedral, onde todos os participantes poderán interpretar a actuación que teñen preparada, de ser o caso. No que respecta a grupos e comparsas, o tempo de actuación na praza da Catedral non poderá ser moi superior aos 5 minutos.
  9. Á hora de conceder os premios valoraranse aspectos coma a orixinalidade, vestiario, calidade musical, capacidade de representación, respecto co medio ambiente, etc.
  10. Na entrega de premios é necesario que cada premiado recolla o premio co seu disfraz ou unha parte do mesmo que o identifique. É imprescindible que os disfraces, grupos ou comparsas estean no lugar de entrega, polo menos unha parte dos seus compoñentes, quedando DESERTO o premio no caso de incumprimento.
  11. O importe dos premios será efectuado por ingreso bancario os días posteriores ao desfile. Enténdese íntegro e, polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación do imposto sobre as persoas físicas. Solicítase que os disfraces gañadores aporten un número de conta bancaria para poder efectuar o ingreso correspondente nos días posteriores. No caso dos menores, serán os pais, nais ou titores os que deberán aportar o número de conta.
  12. A presentación neste concurso implica a autorización de uso das imaxes que se realicen durante o desfile para unha correcta promoción e difusión en redes sociais e outros medios de comunicación.
  13. Recoméndase aos concursantes actuar con respecto e evitando ferir a sensibilidade de persoas, maltrato animal ou desobedecer as indicacións da organización. As decisións da organización son inapelables, tendo potestade para tomar calquera tipo de decisión ou cancelación.

PREMIOS 2025

CATEGORÍA ADULTO

COMPARSAS

CHARANGAS

GRUPOS + DE 10

GRUPOS DE 3 A 10

PARELLAS

INDIVIDUAIS

1º: 600€

2º: 500 €

3º: 300 €

4º: 200 €

5º: 150 €

6º: 125 €

1º: 200 €

1º: 400 €

2º: 250 €

3º: 200 €

4º: 100 €

1º: 200 €

2º: 150 €

3º: 100 €

1º: 200€

2º: 130€

3º: 70 €

1º: 150 €

2º: 100 €

3º: 75 €

CATEGORÍA INFANTIL

GRUPOS

PARELLAS

INDIVIDUAL

1º: 200 €

2º: 150 €

3º: 75 €

1º: 100 €

2º: 75 €

3º: 50 €

1º: 60 €

2º: 50 €

3º: 40 €

Percorrido: Campo dos Paxariños, Avda San Lucas, Bispo Sarmiento, Andrés Baamonde, Progreso e Praza da Catedral.

PROGRAMA:

13,00 Hs: Actuación de comparsas polo casco histórico.

14:00 Hs: SESIÓN VERMÚ CON DISCOMÓBIL EVENTEC NA PRAZA DO CONCELLO.

17:30 Hs: INICIO DO DESFILE NO CAMPO DOS PAXARIÑOS.

20:30 Hs: BAILE DE ENTROIDO CON DISCOMÓBIL EVENTEC NA CARPA DA PRAZA DO CONCELLO

22:00 Hs: ENTREGA PREMIOS INFANTÍS NA PRAZA DO CONCELLO.

23:30 Hs: DISCOMÓBIL EVENTEC NA CARPA DA PRAZA DO CONCELLO.

01:00 Hs: ENTREGA DE PREMIOS ADULTOS.

OPCIÓN B: En caso de choiva, o desfile terá lugar na carpa da Praza do Concello. A Cada categoría se lle asigna unha hora, de xeito que só estarán os dorsais participantes de cada categoría, deixando o resto da carpa para o público e xurado.

18 HORAS: INDIVIDUAIS E PARELLAS INFANTIS

18:15 HORAS: GRUPOS INFANTÍS

18:45 HORAS: INDIVIDUAIS E PARELLAS ADULTAS

19:00 HORAS: GRUPOS

19:30 HORAS: COMPARSAS.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com