SAT – SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ
(Agrupación de Concellos de Mondoñedo, Abadín, Barreiros, Lourenzá, Pastoriza, A Pontenova, Riotorto, Trabada, Meira e Pol)
Que é o SAT?
É un servizo comunitario específico de Atención Temperá de carácter público e gratuíto que atende á poboación infantil de 0 a 6 anos, ás súas familias e á súa contorna, que ten por obxetivo atender o máis axiña posible as necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos/as con trastornos no seu desenvolvemento ou con risco de padecelos.
Que ofrece?
- Valoración funcional dos trastornos de desenvolvemento dos/das nenos/as.
- Apoio en todas as áreas de desenvolvemento do/a neno/a:
- Apoio, información, habilitación e formación da familia.
- Coordinación coa contorna:
- Seguimento de casos que non acoden a atención continuada.
Que profesionais compoñen o equipo do SAT?
1 Educadora social, 1 Psicopedagoga, 2 Logopedas e unha fisioterapeuta.
Como se pode acceder ao SAT?
- Calquera familia residente nestes concellos, poderá solicitar información no mesmo.
- Para o inicio da atención é preciso aportar o formulario de derivación de pediatría
Contacto:
Tlf: 982522031
Avda. Bos Aires s/n (Colexio novo). Mondoñedo
e-mail: atenciontemperamondonedo@gmail.com