Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidad

BANDO - FEIRAS E FESTAS DE SAN LUCAS 2024

Plano San Lucas_2024

BANDO

FESTAS SAN LUCAS - 2024

Estimadas/os veciñas e veciños;

Compráceme dirixirme a todas e todos vós nunha ocasión tan especial para anunciar o inicio da Feira e Festa de As San Lucas.

Que nos vindeiros días celebraranse as Feiras e Festas de ¿As San Lucas¿, as Feiras máis antigas de Galicia e por tanto un dos principais activos turísticos da nosa localidade. Que o equipo de goberno é consciente da complexidade deste evento así como dos trastornos que da súa organización se derivan para a cidadanía. Polo tanto, solicítase a comprensión e a colaboración dos veciños e veciñas de Mondoñedo para velar, entre todos, polo seu correcto desenvolvemento ao tempo que aproveitamos para pedirlles desculpas polas molestias ocasionadas, informando que as medidas restritivas ou limitativas obedecen a indicacións de seguridade .

O equipo de goberno vese na obriga de adoptar as seguintes medidas co fin de velar pola seguridade dos veciños, veciñas e visitantes, sendo varias delas requisitos en relación ás emerxencias e seguridade, así como para contribuír ao correcto desenvolvemento e organización das nosas feiras e festas máis emblemáticas polo que durante os días 16, 17, 18, 19 e 20 de outubro:

Estas festividades son unha oportunidade para celebrar e desfrutar, pero tamén para recordar a importancia da convivencia e o respeto mutuo. Por elo, quero recordar algunhas das boas prácticas adoptadas que se deben gardar e servizos dos que se disporán.

  1. IDENTIFICACIÓN DOS ESPAZOS DA FESTA EN IMAXE QUE ACOMPAÑA ESTA NOVA.
  2. BOTELLÓN

Está prohibido o consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, parques, prazas públicas e outros lugares de tránsito públicos. O incumplimento desta medida podría conlevar unha multa ou sanción.

  1. VASOS DE CRISTAL

Está prohibido o uso de vasos de cristal no campo da festa co fin de garantir a seguridade dos asistentes e para facilitar o mantemento e manipulación nas labores de limpeza.

  1. REFORZO DE CONTEDORES

A limpeza dos residuos xerados e responsabilidade de todos e cada un de nos, por elo, as nosas rúas contarán cun reforzo de contedores para manter limpas, na medida do posible, as zonas públicas e tratar de reducir a cantidade de residuos ciscados.

  1. AMPLIACIÓN HORARIA

Que se autoriza a ampliación en dúas horas (2 horas) dos horarios xerais de finalización das actividades recreativas relativa ás «festas ou verbenas»

  1. SUSPENSIÓN DE OBXECTIVOS DE CALIDADE ACÚSTICA.

Non poderá superarse en ningún caso durante o período horario e os días en que estea vixente a suspensión temporal dos obxectivos de calidade acústica, o límite máximo de 87 dB de índice de inmisión de ruído, avaliado conforme aos métodos e procedementos establecidos no Anexo IV do Real Decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do Ruído, no referente á zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas, a excepción da zona delimitada como campo da festa na que non se poderá superar en ningún caso durante o período horario e os días en que estea vixente a suspensión temporal dos obxectivos de calidade acústica, o límite máximo de 95 dB de índice de inmisión de ruído.

  1. NORMAS A CUMPRIR

- Queda prohibido o acceso rodado e o estacionamento de vehículos polo centro desta cidade, salvo vehículos autorizados, dende o mércores, día 16 ata o domingo, día 20 de outubro (incluídos).

- Queda prohibida a circulación na Avenida Carlos Folgueira dende a confluencia á altura do Supermercado Día ata intersección coa N-634 Pk 591.8 dende o xoves, día 17 ata o luns, día 21 de outubro.

- Queda prohibido o acceso rodado e o estacionamento no Campo da Feira. No caso de vehículos que transporten gando ou maquinaria, só se permitirá a súa carga/descarga nos horarios que a organización estableza e nunca se permitirá o seu estacionamento.

- Queda prohibido o acceso rodado e o estacionamento na Alameda de Os Remedios, salvo vehículos autorizados. É obrigatorio deixar libre o acceso rodado ao Centro de Saúde desde a Travesía Carlos Folgueira así como o acceso a Alameda e ata o propio edificio.

- Queda prohibido a circulación de vehículos e estacionamento na Praza do Seminario dende o xoves, dia 17 ata o domingo, día 20 de outubro; con motivo da celebración do mercado semanal e a montaxe do escenario do concerto que se levará a cabo o sábado, día 20 de outubro.

- Queda totalmente prohibido colocar postos non autorizados dende o antigo Centro Comarcal incluíndo a fachada do mesmo, situado na Rúa Julia Pardo, en toda a Rúa Guevara, Rúa Bispo Sarmiento, Marina Mayoral; salvo vehículos autorizados.

- Queda prohibido a colocación de postos na Rúa Vicedo, salvo expresa autorización.

- Queda prohibido a colocación de postos na zona do Hospital San Pablo e Centro médico.

- Tódolos postos deberán contar con autorización expresa.

- Estarán habilitados como aparcadoiros municipais nestas datas as fincas de Hipólito, unha fronte ao antigo aserradeiro en San Lázaro e xunto á estación de autobuses no Carrascal, Avda. De Ferrol, Campo do Obispado e Alcántara.

O que se fai público para xeral coñecemento

O Aldalde, Manuel Ángel Otero Legide

BOAS FESTAS A TODAS AS VECIÑAS, VECIÑOS E VISITANTES E OS MEUS MELLORES DESEXOS!

(Descarga o bando asinado no arquivo pdf que atoparás a seguir)

Descarga de archivos

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com