BANDO
DON MANUEL ÁNGEL OTERO LEGIDE; ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO
FAI SABER:
Que con motivo da XXXII Edición do Mercado Medieval que se vai a celebrar neste Concello os días 9, 10, 11de agosto do ano en curso, e dos traballos de montaxe e desmontaxe de postos, procederase ao corte de Rúas que se detallan a continuación, dende o Luns día 4 as 8:00 horas, de forma progresiva segundo avance a montaxe, ata o Mércores, día 14 de Agosto ás 20.00 horas; as Rúas son as seguintes:
-Avenida As San Lucas (á altura do Bar Castro).
-Rúa Leiras Pulpeiro.
-Rúa Febrero.
-Rúa Camiño do Sabelo.
-Rúa Concepción.
-Rúa Progreso.
-Rúa Alfonso VII.
-Rúa Lodeiro Piñeiroa.
-Rúa Guevara.
-Rúa Andrés Baamonde.
-Rúa Julia Pardo Montenegro (á altura do Pazo San Tomé).
-Rúa Pascual Veiga.
-Praza da Catedral.
-Praza do Seminario Santa Catalina.
-Rúa da Fonte (a áltura da Praza do Seminario).
-Rúa Bispo Sarmiento.
-Rúa Camiño Norte.
-Rúa Pardo de Cela.
-Rúa Rigueira.
-Rúa Río de Sixto.
Asi mesmo, desprazarase a Parada de Taxi á Praza de Peña de Francia, dende o Venres día 9, ata martes día 13 de Agosto.
Revocase o uso das tarimas como terrazas sitas na Praza da Catedral dende o luns, dia 5 ás 08:00 horas ata o luns, dia 12 ás 15:00 horas
Non se permite o uso de sombrillas nas terrazas agás que estas estén en consonancia coa normativa aprobada en Pleno do Ornato para o Mercado Medieval.
Lembrámoslle que se poderá estacionar durante a celebración do Mercado Medieval, no Aparcamento Público sito na Rúa Villalba, nos terreos habilitados detrás da estación de autobuses e novo aparcadoiro sito ao carón da Igrexa Nova de Santiago
O que se fai público para xeral coñecemento e correspondentes efectos, agradecendo de antemán a súa colaboración.
Desculpen as molestias
(Descarga o documento asinado a seguir)