Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

PROGRAMA ACTIVIDADES CULTURAIS PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2023: ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA: SALARIO E SEGUROS SOCIAIS DE DIRECTOR E DOUS MESTRES; OBRADOIROS DE APROVEITAMENTOS DOS RECURSOS DIXITAIS

Deputación-Cultura

Que segundo a documentación que consta nestas dependencias municipais, resulta que este Concello foi beneficiario, no ano 2023, da actuación PROGRAMA DE ACTIVIDADES CULTURAIS PLAN ÚNICO 2023 (ESCOLA DE MÚSICA E OBRADOIROS DE APROVEITAMENTO DOS RECURSOS DIXITAIS), incluída no PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2023 da Deputación de Lugo:

ESCOLA DE MÚSICA:

A Escola Municipal de Música, é un centro de titularidade pública, que depende directamente do Concello de Mondoñedo, que desenvolve a súa actividade durante todo o ano. O plantel docente co que contou a Escola de Música na anualidade 2023, e imputado a este programa do Plan Único é o seguinte:

  • Juan Ramón Carballal González: Director e profesor que impartiu violín, viola, interpretación musical, orquestra.
  • Xulia Nogueira Fernández: Profesora de Violoncello, contrabaixo, Coro, Linguaxe musical, música e movemento e formación de adultos.
  • Rubén Solloso Irimia: Profesor de instrumentos de metal (trompeta, trompa, trombón,...) e banda.

A Escola Municipal de Música conta con alumnas/os de todas as idades, xente moza e adulta, en grupos diferenciados por idades, veciños de Mondoñedo e o Concello limítrofe de Lourenzá.

A maior abundamento, a Escola Municipal de Música realizou unha serie de actividades ao longo do ano 2023, a maiores dos ensaios individuais co alumnado, como son, concertos, actuacións musicais para o público mindoniense, etc.

En conclusión, a Escola de Música, nunha vila de gran tradición cultural pero cunha limitación notable de recursos económicos, como é Mondoñedo, é fundamental de cara á súa contribución á posta en valor da cultura musical, ademais de servir como medio de esparexemento e actividade de ocio, para mozos/as e adultos, contribuíndo tamén a proporcionar ao seu alumnado, non só coñecementos culturais, senón todos os beneficios inherentes á práctica dunha actividade musical: mellora das habilidades lectoras e de escritura, sobre todo en nenos/as con dislexia, mellora do estado anímico, así como a mellora de relación cos demais, etc.

Polo tanto, a Escola de Música constitúe un medio fundamental de promoción e dinamización cultural para o público de todas as idades do noso Concello.

OBRADOIROS DE APROVEITAMENTO DOS RECURSOS DIXITAIS:

Este proxecto contemplou o desenvolvemento dun programa de dinamización cultural para o rural mindoniense a través de obradoiros de aproveitamento dos recursos dixitais para persoas do Concello de Mondoñedo.

O obxectivo deste programa foi achegar a Cultura e o Patrimonio a través de recursos dixitais nun claro exercicio de democracia cultural, de xeito que lles permitiu aos usuarios estar conectados ca súa contorna máis preto e, ao mesmo tempo, coñecer a riqueza patrimonial e cultural da súa contorna sen ter que saír da casa.

Por un lado, o enfoque prioritario foi a difusión cultural e patrimonial do entorno baseándose nas ferramentas TIC para acceder a información, contidos e actividades que puxeron en valor toda esta riqueza e darllela a coñecer entre a poboación.

Cada vez máis, desde as Administracións Públicas estase levando a cabo un esforzo por dixitalizar e poñer accesible a través de plataformas dixitais o patrimonio cultural local, autonómico e nacional. Sen embargo, hai unha parte da poboación que non ten o coñecemento ou as ferramentas para acceder a eles. Con este programa, logrouse dotar aos participantes das competencias dixitais básicas para puideran e poidan desenvolverse no mundo dixital aproveitando este enfoque cultural, que reforza as propiedades lúdicas e motivadoras das tecnoloxías.

O seu alcance contemplou o desenvolvemento dos obradoiros en 4 parroquias do Concello de Mondoñedo co obxectivo de achegalos á toda a poboación do Concello e reducir ao mínimo a necesidade de desprazamento dos participantes.

Temporalidade:

Data de inicio: 30/05/2023

Data de finalización: 26/10/2023

Ubicacións:

Os presentes obradoiros desenvolvéronse nas seguintes ubicacións:

  • Parroquia de Sasdónigas
  • Vila de Mondoñedo (Parroquia de Santiago) – Edificio do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego
  • Parroquia de Viloalle
  • Parroquia de Oirán

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com