Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

"AXUDA PARA A CREACIÓN DUN NOVO PUNTO LIMPO-LIÑA I",COFINANCIADO POR FONDO EUROPEO RELATIVO AO MECANISMO DE RECUPERACIÓN E RESILIENCIA DA UE NO MARCO DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA, FINANCIADO POR UNIÓN EUROPEA-NEXTGENERATIONEU

1 Cartel PPLL Mondonedo

“AXUDA PARA A CREACIÓN DUN NOVO PUNTO LIMPO-LIÑA I”, ACTUACIÓN COFINANCIADA POLO FONDO EUROPEO RELATIVO AO MECANISMO DE RECUPERACIÓN E RESILIENCIA DA UE NO MARCO DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA, FINANCIADA POLA UNIÓN EUROPEA-NEXTGENERATIONEU. ANUALIDADE 2023.

No DOG núm. 87, do 5 de maio de 2022, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou a Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2022.

O Concello de Mondoñedo, solicitou esta axuda para a actuación denominada MEMORIA PARA A CONSTRUCCIÓN DUN PUNTO LIMPO NO CONCELLO DE MONDOÑEDO, isto é, AXUDA PARA A CREACIÓN DUN NOVO PUNTO LIMPO-LIÑAI.

No DOG núm. 208, do 2 de novembro de 2022, de novo a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou a Resolución do 20 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pola que se da publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 238, do 14 de decembro) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de recollida de residuos especiais de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2022, a través do que co número de expediente PPLL-054-202-RES, concédeselle a esta entidade local unha subvención a través da Liña I-Puntos Limpos sobre un investimento inicial de 290.000,00 €, IVE excluído, unha subvención de 261.000 €, IVE excluído.

Tras realizar o procedemento de licitación para a ANUALIDADE 2023, adquisición de un contenedor, este subministro adxudícaselle á empresa ANCARIA SL, adquirindo este ben por importe de 170,00 €, IVE excluído, ao que lle corresponde unha subvención de 153,00 €.

Imáxenes

2 Cartel PPLL Mondonedo_2023 3 Foto contenedor 2023 4 Foto cartel contenedor 2023

Ver máis imáxenes

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com