Actualidad
BANDO - SAN LUCAS 2023
BANDO
DON MANUEL ÁNGEL OTERO LEGIDE, ALCALDE-PRESIDENTE
DO EXCMO.CONCELLO DE MONDOÑEDO (LUGO),
FAI SABER:
Que nos vindeiros días celebraranse as Feiras e Festas de ¿As San Lucas¿, as Feiras máis antigas de Galicia e por tanto un dos principais activos turísticos da nosa localidade.
Que o equipo de goberno é consciente da complexidade deste evento así como dos trastornos que da súa organización se derivan para a cidadanía. Polo tanto, solicítase a comprensión e a colaboración dos veciños e veciñas de Mondoñedo para velar, entre todos, polo seu correcto desenvolvemento ao tempo que aproveitamos para pedirlles desculpas polas molestias ocasionadas, informando que as medidas restritivas ou limitativas obedecen a indicacións de seguridade .
O equipo de goberno vese na obriga de adoptar as seguintes medidas co fin de velar pola seguridade dos veciños, veciñas e visitantes, sendo varias delas requisitos en relación ás emerxencias e seguridade, así como para contribuír ao correcto desenvolvemento e organización das nosas feiras e festas máis emblemáticas polo que durante os días 16, 17, 18, 19, 20, 21 e 22 de outubro:
- Queda prohibido o acceso rodado e o estacionamento de vehículos polo centro desta cidade, salvo vehículos autorizados.
- Queda prohibida a circulación na Avenida Carlos Folgueira dende a confluencia á altura do Supermercado Día ata intersección coa N-634 Pk 591.8 dende o mércores, día 18 ata o domingo, día 22 de outubro.
- Queda prohibido o acceso rodado e o estacionamento no Campo da Feira. No caso de vehículos que transporten gando ou maquinaria, só se permitirá a súa carga/descarga nos horarios que a organización estableza e nunca se permitirá o seu estacionamento.
- Queda prohibido o acceso rodado e o estacionamento na Alameda de Os Remedios, salvo vehículos autorizados. É obrigatorio deixar libre o acceso rodado ao Centro de Saúde desde a Travesía Carlos Folgueira así como o acceso a Alameda e ata o propio edificio.
- Queda totalmente prohibido colocar postos non autorizados dende o antigo Centro Comarcal incluíndo a fachada do mesmo, situado na Rúa Julia Pardo, en toda a Rúa Guevara e Rúa Bispo Sarmiento.
- Queda prohibido a colocación de postos na Rúa Vicedo, salvo expresa autorización.
- Queda prohibido a colocación de postos na zona do Hospital San Pablo e Centro médico.
- Tódolos postos deberán contar con autorización expresa.
- Estarán habilitados como aparcadoiros municipais nestas datas as fincas de Hipólito, unha fronte ao antigo aserradeiro en San Lázaro e xunto á estación de autobuses no Carrascal.
O que se fai público para xeral coñecemento
O Alcalde, Manuel Ángel Otero Legide