Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

BANDO - MEDIDAS CONTRA A SECA

20231002_Publicación_Bando_BANDO SECA_001

BANDO

DON MANUEL ÁNGEL OTERO LEGIDE; ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO

FAI SABER

Nestes momentos estamos a sufrir unha seca importante que nos leva a tomar medidas urxentes para intentar reducir a situación actual de alerta hidrolóxica, a preservar un ben tan esencial como é a auga.

Debido ao elevado consumo da mesma e á escaseza de choivas abundantes co fin de garantir o abastecemento para as necesidades básicas de persoas, animais e funcionamento de negocios, vemos na obriga de restrinxir o uso da rede municipal de auga para usos non prioritarios como son:

  • Regar xardíns
  • Enchido de piscina ou similares
  • Limpeza de vehículos ou espazos ao aire libre
  • Calquera outro uso que non responda a necesidades básicas de persoas ou animais

Propoñemos pequenas recomendacións que axudarán a mellorar a situación, como cerrar os grifos cando non se estean utilizando ou cambiar os baños polas duchas. O regadío de hortos está permitido de forma controlada, de igual xeito que calquera outro uso que responda a necesidades básicas de persoas ou animais.

Facemos, pois, un chamamento pedíndolles implicación e compromiso para evitar que a situación empeore e poidamos prolongar as reservas actuais de auga.

O que se fai público para xeral coñecemento.

D. Manuel A. Otero Legide.

Alcalde – Presidente

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com