BANDO
DON MANUEL ÁNGEL OTERO LEGIDE; ALCALDE DO EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO
FAI SABER
Nestes momentos estamos a sufrir unha seca importante que nos leva a tomar medidas urxentes para intentar reducir a situación actual de alerta hidrolóxica, a preservar un ben tan esencial como é a auga.
Debido ao elevado consumo da mesma e á escaseza de choivas abundantes co fin de garantir o abastecemento para as necesidades básicas de persoas, animais e funcionamento de negocios, vemos na obriga de restrinxir o uso da rede municipal de auga para usos non prioritarios como son:
Propoñemos pequenas recomendacións que axudarán a mellorar a situación, como cerrar os grifos cando non se estean utilizando ou cambiar os baños polas duchas. O regadío de hortos está permitido de forma controlada, de igual xeito que calquera outro uso que responda a necesidades básicas de persoas ou animais.
Facemos, pois, un chamamento pedíndolles implicación e compromiso para evitar que a situación empeore e poidamos prolongar as reservas actuais de auga.
O que se fai público para xeral coñecemento.
D. Manuel A. Otero Legide.
Alcalde – Presidente