Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

ADQUISICIÓN DUN "PUNTO LIMPO MÓBIL", ACTUACIÓN COFINANCIADA POLO FONDO EUROPEO RELATIVO AO MECANISMO DE RECUPERACIÓN E RESILIENCIA DA UE NO MARCO DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA, FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA-NEXTGENERATIONEU

Punto limpio móbil_00 (1)

ADQUISICIÓN DUN "PUNTO LIMPO MÓBIL", ACTUACIÓN COFINANCIADA POLO FONDO EUROPEO RELATIVO AO MECANISMO DE RECUPERACIÓN E RESILIENCIA DA UE NO MARCO DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA, FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA-NEXTGENERATIONEU

No DOG núm. 238, do 14 de decembro de 2021, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou a Orde do 1 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2022.

O Concello de Mondoñedo, solicitou esta axuda para a actuación denominada "PROXECTO DE IMPLANTACIÓN DUNHA INFRAESTRUTURA MÓBIL MULTISERVIZOS NO CONCELLO DE MONDOÑEDO (LUGO) PARA CONTRIBUIR NA AMPLIACIÓN DOS SERVIZOS PRESTADOS POLA REDE GALEGA DE PUNTOS LIMPOS", isto é, para a ADQUISICIÓN DUN PUNTO LIMPO MÓBIL.

No DOG núm. 143 do 28 de xullo de 2023, de novo a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou a Resolución do 19 de xullo de 2022 pola que se conceden as subvencións convocadas aoabeiro da Orde do 1 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 238, do 14 de decembro) de axudas a entidades locais de Galiciapara o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia, con cargo á Unión Europea-NextGenerationEU, a través do que co número de expediente ATPM-080-2022-RES, concédeselle a esta entidade local unha subvención a través da Liña 3-Puntos LimposMóbiles sobre un investimento inicial de 23.500,00 € unha subvención de 21.150,00 €, IVE excluído.

Tras realizar o procedementoaberto de licitación para este subministro adxudícaselle á empresa ANCARIA SL, adquirindoestesbens por importe de 23.086,78 €, IVE excluído, ao que lle corresponde unha subvención de 20.778,10 €.

Imáxenes

Punto limpio móbil_2022 (1) Punto limpio móbil_2022 (2) Punto limpio móbil_2022 (3)

Ver máis imáxenes

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com