Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

PROGRAMA DE SAF PLAN ÚNICO 2022: SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR PRESTACIÓN BÁSICA MÚNICIPAL. PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2021

Escudo Deputación

Que segundo a documentación que consta nestas dependencias municipais, resulta que este Concello foi beneficiario, no ano 2022, da actuación PROGRAMA SAF 2022, incluída no PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2022 da Deputación de Lugo.

O servizo de axuda no fogar (SAF) é un servizo público de carácter local consistente en ofrecer un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual.

Neste momento temos dúas modalidades de servizo de axuda no fogar:

Servizo de axuda no fogar para persoas dependentes

Servizo de axuda no fogar-Prestación Básica, para persoas que non están valoradas como dependentes.

Os beneficiarios deste servizo poden ser todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o SAF atenderá a persoas maiores con déficits de autonomía e a persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como a fogares con menores nos que se observe necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com