Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

PROGRAMA DE TURISMO: PROMOCÍÓN TURISTICA A TRAVÉS DUNHA COMUNIDADE DE USUARIOS EN INTERNET: PÁXINA WEB, REDES SOCIAIS, E APLICACIÓN PROPIA. PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2022

Escudo Deputación

Que segundo a documentación que consta nestas dependencias municipais, resulta que este Concello foi beneficiario, no ano 2022, da actuación PROGRAMA DE TURISMO PLAN ÚNICO 2022: PROMOCÍÓN TURISTICA A TRAVÉS DUNHA COMUNIDADE DE USUARIOS EN INTERNET: PÁXINA WEB, REDES SOCIAIS, E APLICACIÓN PROPIA, incluído no PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2022 da Deputación de Lugo:

Realizouse unha promoción turística do destino MONDOÑEDO dentro dunha comunidade de viaxeiros, neste caso MINUBE.COM, na que a través da inspiración o obxectivo foi promocionar o destino. Esta actividade realizousee tanto na web da empresa www.minube.com a este efecto, así como na súa aplicación informática propia, e en redes sociais (instagram, twitter y Facebook, twitch)

Os contidos foron recomendados por outros viaxeiros da comunidade turística que estiveron no destino para visitar Mondoñedo. Fixeronse accións de visibilidade para chegar ao máximo alcance posible. A empresa MINUBE trouxo a Mondoñedo un equipo de viaxeiros a vivir unha experiencia no destino e a documentala para posteriormente compartila en diferentes medios e redes sociais. Consistiu nunha fin de semana para mostrar a experiencia real de visitar Mondoñedo. Desta visita, contouse en tempo real a través de diferentes medios e redes sociais a devandita experiencia. Aproveitando esta visita tratouse de darlle máxima visibilidade ao destino, nesta comunidade web de viaxeiros de fala Hispana.

Déuselle máxima visibilidade a Mondoñedo nunha comunidade turística de viaxeiros, MINUBE.COM, pola que pasan máis de 50 millóns de persoas para organizarse e planear próximas viaxes. Contratouse unha plataforma na que as recomendacións reais das personas que xa estiveron no destino, sirven de inspiración para provocar a visita doutros viaxeiros.

O obxectivo principal foi o de chegar a 2 millóns de usuarios únicos, que se conseguiron por medio dos 4 millóns de impresións que se deron á actualización de contido que se realizou. Tamén tivo gran difusión en redes sociais, chegando a un aproximado de 1000 interaccións.

Contratouse, por tanto, unha Comunidade de Usuarios, MINUBE.COM, na que xa fixeran actividades de promoción turística todas as Comunidades Autónomas de España e máis de 100 destinos turísticos españois e internacionais.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com