Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Noticias

Noticias

PROGRAMA ACTIVIDADES CULTURAIS: ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA: SALARIO E SEGUROS SOCIAIS DE DIRECTOR E DOUS MESTRES PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2022

Escudo Deputación

Que segundo a documentación que consta nestas dependencias municipais, resulta que este Concello foi beneficiario, no ano 2022, da actuación PROGRAMA DE ACTIVIDADES CULTURAIS PLAN ÚNICO 2022: ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA (NÓMINAS E SEGUROS SOCIAIS DO DIRECTOR E DOUS MESTRES), incluída no PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2022 da Deputación de Lugo:

A Escola Municipal de Música, é un centro de titularidade pública, que depende directamente do Concello de Mondoñedo, que desenvolve a súa actividade durante todo o ano. O plantel docente co que contou a Escola de Música na anualidade 2022, e imputado a este programa do Plan Único é o seguinte:

  • Juan Ramón Carballal González: Director e profesor que impartiu violín, viola, interpretación musical, orquestra.
  • Xulia Nogueira Fernández: Profesora de Violoncello, contrabaixo, Coro, Linguaxe musical, música e movemento e formación de adultos.
  • Rubén Solloso Irimia: Profesor de instrumentos de metal (trompeta, trompa, trombón,...) e banda.

A Escola Municipal de Música conta con alumnas/os de todas as idades, xente moza e adulta, en grupos diferenciados por idades, veciños de Mondoñedo e o Concello limítrofe de Lourenzá.

A maior abundamento, a Escola Municipal de Música realizou unha serie de actividades ao longo do ano 2022, a maiores dos ensaios individuais co alumnado, como son, concertos, actuacións musicais para o público mindoniense, etc.

En conclusión, a Escola de Música, nunha vila de gran tradición cultural pero cunha limitación notable de recursos económicos, como é Mondoñedo, é fundamental de cara á súa contribución á posta en valor da cultura musical, ademais de servir como medio de esparexemento e actividade de ocio, para mozos/as e adultos, contribuíndo tamén a proporcionar ao seu alumnado, non só coñecementos culturais, senón todos os beneficios inherentes á práctica dunha actividade musical: mellora das habilidades lectoras e de escritura, sobre todo en nenos/as con dislexia, mellora do estado anímico, así como a mellora de relación cos demais, etc.

Polo tanto, a Escola de Música constitúe un medio fundamental de promoción e dinamización cultural para o público de todas as idades do noso Concello.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com