Novas
BASES DO DESFILE DE ENTROIDO DE MONDOŅEDO - 25 DE FEBREIRO DO 2023
BASES DO DESFILE DE ENTROIDO – MONDOÑEDO 2023 |
- Todos os participantes poderán anotarse no correo entroidomindoniense@gmail.com ou nos teléfonos 982524003 (INSCRICIÓNS) e 982507177 (INFORMACIÓN). O prazo máximo para inscribirse será ata as 00 horas do venres 24 de febreiro. Á hora de inscribirse facilitaranse os seguintes datos: nome e DNI completo da persoa representante, nome do disfraz e un teléfono de contacto.
- Os dorsais deberán ser recollidos entre as 16 e 17 horas do sábado, do edificio municipal do Campo dos Paxariños(antiga oficina de Emprego).
- Ás 17 horas, os disfraces deberán estar preparados para atender ás indicacións da organización e proceder ao seu posicionamento no desfile, para que discorra coa máxima orde posible e cumprir co horario previsto.No Campo dos Paxariños e Avenida San Lucas estará PROHIBIDO poñer música e facer ruído ata a saída do DESFILE.
- O desfile sairá do Campo dos Paxariños, ás 17:30 horas, e percorrerá a avenida San Lucas e as rúas Bispo Sarmiento, Andrés Baamonde e Progreso para finalizar na Praza da Catedral.
- As comparsas e charangas gardarán unha entidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación.
- Considérase categoría infantil aqueles participantes menores de 12 anos de idade. No apartado de grupos infantil, polo menos a metade dos seus compoñentes deberán ser menores de 12 anos de idade, podendo ir acompañados de varios maiores disfrazados.
- Os grupos de adultos poderán anotarse en dúas categorías en función do seu tamaño: ata 10 ou máis de 10 membros. Os grupos que concorran acompañados dunha carroza deberán cumprir as seguintes dimensións para poder desfilar polas rúas da cidade: 2,5 metros de ancho, 7 metros de longo e 4 metros de alto.
- O xurado cualificará tanto nas rúas como na propia praza da Catedral, onde todos os participantes poderán interpretar a actuación que teñen preparada, de ser o caso. No que respecta a grupos e comparsas, o tempo de actuación na praza da Catedral non poderá ser superior aos 5 minutos.
- Á hora de conceder os premios valoraranse aspectos coma a orixinalidade, vestiario, calidade musical, capacidade de representación, sustentabilidade co medio ambiente, etc.
- Na entrega de premios é necesario que cada premiado recolla o premio co seu disfraz ou unha parte do mesmo que o identifique. É imprescindible que os disfraces, grupos ou comparsas estean no lugar de entrega, polo menos unha parte dos seus compoñentes, quedando DESERTO no caso de incumprimento.
- O importe dos premios enténdese íntegro e, polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación do imposto sobre as persoas físicas.
- As decisións da organización son inapelables, tendo potestade para tomar calquera tipo de decisión.
- Recoméndase aos concursantes actuar con respecto e evitando ferir a sensibilidade de persoas, maltrato animal ou desobedecer as indicacións da organización.
- Lembramos que este ano como novidade, o importe do premio non se entregará en metálico, senón a través de ingreso bancario. Por tanto, solicítase que os disfraces gañadores aporten un número de conta bancaria para poder efectuar o ingreso correspondente. No caso dos menores, serán os pais, nais ou titores os que deberán aportar o número de conta.
COMPARSAS | GRUPOS + DE 10 | GRUPOS DE 3 A 10 | PARELLAS | INDIVIDUAIS |
1º: 600€ 2º: 500 € 3º: 300 € 4º: 200 € 5º: 150 € 6º: 125 € | 1º: 400 € 2º: 250 € 3º: 200 € | 1º: 200 € 2º: 150 € 3º: 100 € | 1º: 200€ 2º: 130€ 3º: 70 € | 1º: 150 € 2º: 100 € 3º: 75 € |
GRUPOS | PARELLAS | INDIVIDUAL |
1º: 200 € 2º: 150 € 3º: 100 € 4º: 75 € | 1º: 100 € 2º: 75 € 3º: 50 € | 1º: 60 € 2º: 50 € 3º: 40 € |
PREMIO ESPECIAL “MELLOR GRUPO DE BATERÍA E PERCUSIÓN DE COMPARSAS”: Premio de 200 euros.
Percorrido: Campo dos Paxariños, Avda San Lucas, Bispo Sarmiento, Andrés Baamonde, Progreso e Praza da Catedral.
PROGRAMA:
12:00 H: CONCURSO PREMIO ESPECIAL GRUPOS DEBATERÍA PERCUSIÓN polas rúas e barrios do casco urbano.
14:00H: SESIÓN VERMÚ CON DISCOMÓBIL ONDA NORTE
17:30 H: INICIO DO DESFILE NO CAMPO DOS PAXARIÑOS.
20:30 H: BAILE COA ORQUESTRA PRINCIPALNA CARPA DA PRAZA DO CONCELLO
10:00 H: ENTREGA PREMIOS INFANTÍS NA PRAZA DO CONCELLO.
10:30 H: ACTUACIÓN DA DISCOMÓBIL ONDA NORTE
11:30H: SEGUNDO PASE DA ORQUESTA PRINCIPAL NA CARPA DA PRAZA DO CONCELLO.
01:00 H: ENTREGA DE PREMIOS ADULTOS.
02:00 H: DISCOMÓBIL ONDA NORTE
03:30 H: FIN DE FESTA.
OPCIÓN B: En caso de choiva, o desfile terá lugar na carpa da Praza do Concello. A Cada categoría se lle asigna unha hora, de xeito que só estarán os dorsais participantes de cada categoría, deixando o resto da carpa para o público e xurado.
18 HORAS: INDIVIDUAIS E PARELLAS INFANTIS
18:15 HORAS: GRUPOS INFANTÍS
18:45 HORAS: INDIVIDUAIS E PARELLAS ADULTAS
19:00 HORAS: GRUPOS
19:30 HORAS: COMPARSAS.