Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Noticias

Noticias

BASES DO DESFILE DE ENTROIDO DE MONDOÑEDO - 25 DE FEBREIRO DO 2023

Cartel Entroido_2023

BASES DO DESFILE DE ENTROIDO ¿ MONDOÑEDO 2023

  1. Todos os participantes poderán anotarse no correo entroidomindoniense@gmail.com ou nos teléfonos 982524003 (INSCRICIÓNS) e 982507177 (INFORMACIÓN). O prazo máximo para inscribirse será ata as 00 horas do venres 24 de febreiro. Á hora de inscribirse facilitaranse os seguintes datos: nome e DNI completo da persoa representante, nome do disfraz e un teléfono de contacto.
  2. Os dorsais deberán ser recollidos entre as 16 e 17 horas do sábado, do edificio municipal do Campo dos Paxariños(antiga oficina de Emprego).

  1. Ás 17 horas, os disfraces deberán estar preparados para atender ás indicacións da organización e proceder ao seu posicionamento no desfile, para que discorra coa máxima orde posible e cumprir co horario previsto.No Campo dos Paxariños e Avenida San Lucas estará PROHIBIDO poñer música e facer ruído ata a saída do DESFILE.

  1. O desfile sairá do Campo dos Paxariños, ás 17:30 horas, e percorrerá a avenida San Lucas e as rúas Bispo Sarmiento, Andrés Baamonde e Progreso para finalizar na Praza da Catedral.

  1. As comparsas e charangas gardarán unha entidade temática tanto no seu vestiario como na súa actuación.

  1. Considérase categoría infantil aqueles participantes menores de 12 anos de idade. No apartado de grupos infantil, polo menos a metade dos seus compoñentes deberán ser menores de 12 anos de idade, podendo ir acompañados de varios maiores disfrazados.

  1. Os grupos de adultos poderán anotarse en dúas categorías en función do seu tamaño: ata 10 ou máis de 10 membros. Os grupos que concorran acompañados dunha carroza deberán cumprir as seguintes dimensións para poder desfilar polas rúas da cidade: 2,5 metros de ancho, 7 metros de longo e 4 metros de alto.

  1. O xurado cualificará tanto nas rúas como na propia praza da Catedral, onde todos os participantes poderán interpretar a actuación que teñen preparada, de ser o caso. No que respecta a grupos e comparsas, o tempo de actuación na praza da Catedral non poderá ser superior aos 5 minutos.

  1. Á hora de conceder os premios valoraranse aspectos coma a orixinalidade, vestiario, calidade musical, capacidade de representación, sustentabilidade co medio ambiente, etc.

  1. Na entrega de premios é necesario que cada premiado recolla o premio co seu disfraz ou unha parte do mesmo que o identifique. É imprescindible que os disfraces, grupos ou comparsas estean no lugar de entrega, polo menos unha parte dos seus compoñentes, quedando DESERTO no caso de incumprimento.

  1. O importe dos premios enténdese íntegro e, polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación do imposto sobre as persoas físicas.

  1. As decisións da organización son inapelables, tendo potestade para tomar calquera tipo de decisión.

  1. Recoméndase aos concursantes actuar con respecto e evitando ferir a sensibilidade de persoas, maltrato animal ou desobedecer as indicacións da organización.

  1. Lembramos que este ano como novidade, o importe do premio non se entregará en metálico, senón a través de ingreso bancario. Por tanto, solicítase que os disfraces gañadores aporten un número de conta bancaria para poder efectuar o ingreso correspondente. No caso dos menores, serán os pais, nais ou titores os que deberán aportar o número de conta.

PREMIOS 2023

CATEGORÍA ADULTO

COMPARSAS

GRUPOS + DE 10

GRUPOS DE 3 A 10

PARELLAS

INDIVIDUAIS

1º: 600€

2º: 500 €

3º: 300 €

4º: 200 €

5º: 150 €

6º: 125 €

1º: 400 €

2º: 250 €

3º: 200 €

1º: 200 €

2º: 150 €

3º: 100 €

1º: 200€

2º: 130€

3º: 70 €

1º: 150 €

2º: 100 €

3º: 75 €

CATEGORÍA INFANTIL

GRUPOS

PARELLAS

INDIVIDUAL

1º: 200 €

2º: 150 €

3º: 100 €

4º: 75 €

1º: 100 €

2º: 75 €

3º: 50 €

1º: 60 €

2º: 50 €

3º: 40 €

PREMIO ESPECIAL ¿MELLOR GRUPO DE BATERÍA E PERCUSIÓN DE COMPARSAS¿: Premio de 200 euros.

Percorrido: Campo dos Paxariños, Avda San Lucas, Bispo Sarmiento, Andrés Baamonde, Progreso e Praza da Catedral.

PROGRAMA:

12:00 H: CONCURSO PREMIO ESPECIAL GRUPOS DEBATERÍA PERCUSIÓN polas rúas e barrios do casco urbano.

14:00H: SESIÓN VERMÚ CON DISCOMÓBIL ONDA NORTE

17:30 H: INICIO DO DESFILE NO CAMPO DOS PAXARIÑOS.

20:30 H: BAILE COA ORQUESTRA PRINCIPALNA CARPA DA PRAZA DO CONCELLO

10:00 H: ENTREGA PREMIOS INFANTÍS NA PRAZA DO CONCELLO.

10:30 H: ACTUACIÓN DA DISCOMÓBIL ONDA NORTE

11:30H: SEGUNDO PASE DA ORQUESTA PRINCIPAL NA CARPA DA PRAZA DO CONCELLO.

01:00 H: ENTREGA DE PREMIOS ADULTOS.

02:00 H: DISCOMÓBIL ONDA NORTE

03:30 H: FIN DE FESTA.

OPCIÓN B: En caso de choiva, o desfile terá lugar na carpa da Praza do Concello. A Cada categoría se lle asigna unha hora, de xeito que só estarán os dorsais participantes de cada categoría, deixando o resto da carpa para o público e xurado.

18 HORAS: INDIVIDUAIS E PARELLAS INFANTIS

18:15 HORAS: GRUPOS INFANTÍS

18:45 HORAS: INDIVIDUAIS E PARELLAS ADULTAS

19:00 HORAS: GRUPOS

19:30 HORAS: COMPARSAS.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com