Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidad

BANDO - AXUDAS PARA A PLANTACIÓN DE ESPECIES FRONDOSAS E CONÍFERAS

BANDO
AXUDAS PARA A PLANTACIÓNN DE ESECIES FRONDOSAS E CONÍFERAS
DON MANUEL ÁNGEL OTERO LEGIDE, ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO.CONCELLO DE
MONDOÑEDO (LUGO), FAI SABER:
Que o mércores 7 de decembro de 2022 saíu publicada no DOG a orde da Consellería de Medio Rural
sobre as axudas para plantación de especies coníferas ou frondosas en parcelas agrícolas identificadas no Sixpac
como forestal, pasto con arboredo ou pasto arbustivo. Código procedemento: MR670B
BENEFICIARIOS:
Poderán ser beneficiarios desta subvención as persoas físicas ou xurídicas, sociedades de fomento
forestal, os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios
particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de montes de varas,
abertais, de voces, de vocerío e fabeo as comunidades de bens, outras persoas xurídicas e as comunidades de
montes veciñais en man común.
CONTÍA DA AXUDA
A contía da axuda será do 100%, e a axuda calcularase sobre o custo real subvencionable do
investimento determinado, IVE excluído.
GASTOS SUBVENCIONABLES
1.-Gastos da plantación forestal e da área de defensa contra incendios forestais.
Estes gastos incluirán o necesario para o tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo,
adquisición de planta así como os de plantación propiamente dita e a área de defensa contra incendios forestais.
O valor máximo do investimento é de 1.853€/há en especies coníferas e 2.398/há en especies frondosas
2.- Infraestructuras de acompañamento, obras complementarias e cartel das plantacións. Deberán
localizarse dentro ou estremeiras con área obxecto da plantación.
O valor máximo do investimento é de 255€/cartel, 7.580€/km de arranxo de pista forestal
3.- Os honorarios de redacción de proxectos. O valor máximo do investimento é de 47,85€/há
4.- O IVE non é subvencionable.
A densidade máxima da plantación deberá ser de 1.100plantas/há no caso das coníferas e de 625 plantas/há
para as frondosas.
PLAZO DE SOLICITUDES:
O prazo para presentación de solicitudes será de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da
publicación de dita orde no DOG que foi o día 07/12/202.
O que se fai público para xeral coñecemento
Mondoñedo, na data da sinatura
Asdo: O Alcalde, Manuel Ángel Otero Legide

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com