VI CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL EN FACHADAS, BALCÓNS, PORTAIS, ESCAPARATES E ÁRBORES DE NADAL. MONDOÑEDO 2022
Con motivo da festividade do Nadal, o Excmo. Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, organiza a sexta edición do Concurso de Decoración de Nadal que abrangue decoracións en fachadas, balcóns, portais, xardíns, escaparates, etc. así como instalación de árbores de Nadal. En modalidade individual e colectiva como se establece nas presentes bases.
Está aberto a toda a veciñanza con residencia no municipio de Mondoñedo, e ten como obxectivo incentivar a decoración de Nadal nas vivendas e no comercio local e, con iso, colaborar a difundir o ambiente de Nadal polas nosas rúas, dando protagonismo aos cidadáns, promovendo a súa participación activa para acadar entre tod@s un conxunto de Nadal integrado no noso casco histórico e en todo o municipio, tendo en conta ademais, que estamos dentro da rede española de “Los Pueblos Más Bonitos de España”.
1 - Ámbito de Participación.
Poderá participar calquera veciño/-a con residencia neste municipio.
2 - Categorías.
Estableceranse catro modalidades:
Modalidade Individual Particulares: particulares de vivendas que adornen a súa fachada, balcóns, portais, entradas,...
Modalidade Individual Comercio Local: comercio, hostalería, restauración, autónomos, etc. que decoren os escaparates e/ou entradas/fachadas dos seus negocios.
Modalidade Colectiva: comunidades veciñais, veciños/-as de barrios, rúas ou prazas que decoren árbores, fachadas, farois, parques, etc. de forma colectiva.
Modalidade Mellor Árbore de Nadal: individuos ou colectivos que decoren árbores.
3 - Xurado.
O Xurado estará composto por 5 persoas:
1 Presidente: Concelleiro de Cultura ou persoa en quen delegue
4 Vogais composto por: 3 persoas do Concello de Mondoñedo, ben sexan técnicos ou membros do equipo de goberno. 1 Representante dunha asociación elixido por sorteo.
4 - Aspectos a valorar.
Serán valorados os aspectos seguintes:
Composicións e deseños acordes co Nadal e respectuosas co entorno.
Iluminación variada e respectuosa co entorno.
Orixinalidade
Introdución de elementos tradicionais do Nadal.
Recomendarase a introdución de guirnaldas con tonalidades verdes, vermellas, con dourados e prateados.
A zona elixida polas persoas participantes para ser decorada terá que ser visible dende a vía pública para poder valorarse.
5 - Inscricións.
Para inscribirse poderán facelo na Oficina de Turismo de Mondoñedo ou a través do teléfono 982507177, preguntando pola lista de anotacións a este concurso.
Haberá que indicar o nome e apelidos, DNI, o enderezo onde se localiza a decoración para avaliar e un teléfono de contacto.
6 - Período de Inscricións:
Dende o día 30 de novembro e ata o 23 de decembro, ambos inclusive.
7 - Duración do concurso:
Dende o mesmo momento que decida anotarse a persoa ou grupo de persoas (no caso da modalidade colectiva) e ata o día 6 de xaneiro de 2021.
8 - Premios:
Modalidade individual para fachadas, balcóns, portais, etc:
PREMIO ÚNICO: 100 EUROS
Modalidade individual comercio local escaparates y fachadas:
PREMIO ÚNICO: 100 EUROS
Modalidade colectiva para comunidades veciñais, barrios, rúas, etc.
PREMIO ÚNICO: 200 EUROS
Modalidade Mellor árbore de Nadal:
PREMIO ÚNICO: 50 EUROS.
En caso de empate na primeira posición en calquera categoría, procederase a unha nova votación entre aquelas decoracións que acadaran a máxima puntuación quedando en primeiro lugar a candidatura que obteña máis votos neste desempate.
9 - Final:
A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.
O xurado queda facultado para resolver calquera dúbida ou suposto que non estea recollido nestas bases.
A resolución do xurado é inapelable.