Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Noticias

Noticias

VI CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL EN FACHADAS, BALCÓNS, PORTAIS, ESCAPARATES E ÁRBORES DE NADAL. MONDOÑEDO 2022

VI_Concurso_Decoración_Nadal_2022

VI CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL EN FACHADAS, BALCÓNS, PORTAIS, ESCAPARATES E ÁRBORES DE NADAL. MONDOÑEDO 2022

INTRODUCIÓN

Con motivo da festividade do Nadal, o Excmo. Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, organiza a sexta edición do Concurso de Decoración de Nadal que abrangue decoracións en fachadas, balcóns, portais, xardíns, escaparates, etc. así como instalación de árbores de Nadal. En modalidade individual e colectiva como se establece nas presentes bases.

Está aberto a toda a veciñanza con residencia no municipio de Mondoñedo, e ten como obxectivo incentivar a decoración de Nadal nas vivendas e no comercio local e, con iso, colaborar a difundir o ambiente de Nadal polas nosas rúas, dando protagonismo aos cidadáns, promovendo a súa participación activa para acadar entre tod@s un conxunto de Nadal integrado no noso casco histórico e en todo o municipio, tendo en conta ademais, que estamos dentro da rede española de ¿Los Pueblos Más Bonitos de España¿.

BASES REGULADORAS

1 - Ámbito de Participación.

Poderá participar calquera veciño/-a con residencia neste municipio.

2 - Categorías.

Estableceranse catro modalidades:

Modalidade Individual Particulares: particulares de vivendas que adornen a súa fachada, balcóns, portais, entradas,...

Modalidade Individual Comercio Local: comercio, hostalería, restauración, autónomos, etc. que decoren os escaparates e/ou entradas/fachadas dos seus negocios.

Modalidade Colectiva: comunidades veciñais, veciños/-as de barrios, rúas ou prazas que decoren árbores, fachadas, farois, parques, etc. de forma colectiva.

Modalidade Mellor Árbore de Nadal: individuos ou colectivos que decoren árbores.

3 - Xurado.

O Xurado estará composto por 5 persoas:

1 Presidente: Concelleiro de Cultura ou persoa en quen delegue

4 Vogais composto por: 3 persoas do Concello de Mondoñedo, ben sexan técnicos ou membros do equipo de goberno. 1 Representante dunha asociación elixido por sorteo.

4 - Aspectos a valorar.

Serán valorados os aspectos seguintes:

Composicións e deseños acordes co Nadal e respectuosas co entorno.

Iluminación variada e respectuosa co entorno.

Orixinalidade

Introdución de elementos tradicionais do Nadal.

Recomendarase a introdución de guirnaldas con tonalidades verdes, vermellas, con dourados e prateados.

A zona elixida polas persoas participantes para ser decorada terá que ser visible dende a vía pública para poder valorarse.

5 - Inscricións.

Para inscribirse poderán facelo na Oficina de Turismo de Mondoñedo ou a través do teléfono 982507177, preguntando pola lista de anotacións a este concurso.

Haberá que indicar o nome e apelidos, DNI, o enderezo onde se localiza a decoración para avaliar e un teléfono de contacto.

6 - Período de Inscricións:

Dende o día 30 de novembro e ata o 23 de decembro, ambos inclusive.

7 - Duración do concurso:

Dende o mesmo momento que decida anotarse a persoa ou grupo de persoas (no caso da modalidade colectiva) e ata o día 6 de xaneiro de 2021.

8 - Premios:

Modalidade individual para fachadas, balcóns, portais, etc:

PREMIO ÚNICO: 100 EUROS

Modalidade individual comercio local escaparates y fachadas:

PREMIO ÚNICO: 100 EUROS

Modalidade colectiva para comunidades veciñais, barrios, rúas, etc.

PREMIO ÚNICO: 200 EUROS

Modalidade Mellor árbore de Nadal:

PREMIO ÚNICO: 50 EUROS.

En caso de empate na primeira posición en calquera categoría, procederase a unha nova votación entre aquelas decoracións que acadaran a máxima puntuación quedando en primeiro lugar a candidatura que obteña máis votos neste desempate.

9 - Final:

A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.

O xurado queda facultado para resolver calquera dúbida ou suposto que non estea recollido nestas bases.

A resolución do xurado é inapelable.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com