Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

BANDO DE ALCALDÍA RELATIVO ÁS FESTAS DE SAN LUCAS DO ANO 2022

DON MANUEL ÁNGEL OTERO LEGIDE, ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO.CONCELLO DE MONDOÑEDO (LUGO),

FAI SABER:Que nos vindeiros días celebraranse as Feiras e Festas de “As San Lucas”,as Feiras máis antigas de Galicia e por tanto un dos principais activos turísticos da nosa localidade.

Que o equipo de goberno é consciente da complexidade deste evento así como dos trastornos que da súa organización se derivan para a cidadanía. Polo tanto, solicítase a comprensión e a colaboración dos veciños e veciñas de Mondoñedo para velar, entre todos, polo seu correcto desenvolvemento ao tempo que aproveitamos para pedirlles desculpas polas molestias ocasionadas, informando que as medidas restritivas ou limitativas obedecen a indicacións de seguridade .

O equipo de goberno vese na obriga de adoptar as seguintes medidas co fin de velar pola seguridade dos veciños, veciñas e visitantes, sendo varias delas requisitos en relación ás emerxencias e seguridade, así como para contribuír ao correcto desenvolvemento e organización das nosas feiras e festas máis emblemáticas polo que durante os días 14, 15, 16, 17, 18, 19 e 20 de outubro:

- Queda prohibido o acceso rodado e o estacionamento de vehículos polo centro desta cidade, salvo vehículos autorizados.

- Queda prohibido o acceso rodado e o estacionamento no Campo da Feira.No caso de vehículos que transporten gando ou maquinaria, só se permitirá a súa carga/descarga nos horarios que a organización estableza e nunca se permitirá o seu estacionamento.

- Queda prohibido o acceso rodado e o estacionamento na Alameda de Os Remedios, salvo vehículos autorizados.É obrigatorio deixar libre o acceso rodado ao Centro de Saúde desde a Travesía Carlos Folgueira así como o acceso a Alameda e ata o propio edificio.

- Queda totalmente prohibido colocar postos non autorizados dende o antigo Centro Comarcalincluíndo a fachada do mesmo, situado na Rúa Julia Pardo, en toda a Rúa Guevara e Rúa Bispo Sarmiento.

- Queda prohibido a colocación de postos na Rúa Vicedo, salvo expresa autorización.

- Queda prohibido a colocación de postos na zona do Hospital San Pablo e Centro médico.

- Tódolos postos deberán contar con autorización expresa.

- Estarán habilitados como aparcadoiros municipais nestas datas as fincas de Hipólito, unha fronte ao antigo aserradeiro en San Lázaro e xunto á estación de autobuses no Carrascal.

Recordamos, ademáis, o obrigado cumprimento da normativa sanitaria derivada da Covid-19.

O que se fai público para xeral coñecemento

O Aldalde,Manuel Ángel Otero Legide

[Descarga o Bando asinado no arquivo a seguir]

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com