Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidad

O concello de Mondoñedo ten en marcha o programa de Educación e Apoio familiar

Educación e Apoio Familiar-2022

O concello de Mondoñedo ten en marcha o programa de Educación e Apoio familiar

O concello de Mondoñedo ten en marcha o programa de Educación e Apoio familiar, levado a cabo dende o departamento dos servizos sociais comunitarios, e realizando as súas funcións en tres Concellos máis: Abadín, Riortorto e Trabada, sendo un programa conveniado mediante a Operación financiada pola la Unión Europea a través do FONDO SOCIAL EUROEO (FSE).

O programa de Educación e Apoio familiar ten os seguintes obxectivos:

  1. a) Promover a adquisición, por parte das familias, de competencias e habilidades para o correcto desenvolvemento das súas función parentais e educativas, fomentando a educación en igualdade e a corresponsabilidade.

  1. b) Pór á disposición das familias participantes atención psicolóxica, así como alternativas, recursos e itinerarios socioeducativos en relación coas posibilidades do contorno.

  1. c) Favorecer a integración, promoción e participación das familias ou unidades de convivencia en todos os ámbitos da vida comunitaria.

  1. d) Previr e atender as situacións que provoquen vulnerabilidade ou risco social ás familias ou unidades de convivencia, ou a algún dos seus membros, con especial atención aos menores de idade.

  1. e) Realizar o seguimento e a intervención nas familias en que se realizase derivación aos servizos sociais especializados de menores, de cara á súa reintegración social e familiar.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com