Fondo cabecera Concello de Mondoņedo

Actualidade

O CONCELLO DE MONDOŅEDO, UN DOS 38 CONCELLOS QUE FORMAN PARTE DO PROXECTO ILUMIN@. - "Unha maneira de facer Europa" Cofinanciado nun 80% polo FEDER

LogoDep_FEDER_UE

O CONCELLO DE MONDOÑEDO, UN DOS 38 CONCELLOS QUE FORMAN PARTE DO PROXECTO ILUMIN@. -“Unha maneira de facer Europa” Cofinanciado nun 80% polo FEDER-

O importe total da actuación do concello de Mondoñedo é de 11.235,08 € sendo o cofinanciamento do FEDER dun 80% 8.988,06€, asumindo a Deputación de Lugo o restante 20%, con fondos propios: 2.247,02 €.

PROXECTO ILUMIN@

É unha actuación cofinanciada nun 80% polo Programa de Subvencións para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, asumindo o restante 20% a Deputación de Lugo con fondos propios.

DESCRICIÓN DO PROXECTO:

Con data 16 de xullo de 2019 o IDAE notifica á Deputación de Lugo a RESOLUCIÓN FAVORABLE en virtude da cal o Proxecto ILUMIN@ obtivo a axuda solicitada na convocatoria regulada polo Real Decreto 616/2017*, do 16 de xuño, pola que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020. Dita convocatoria foi publicada no BOE do 17 de xuño de 2017.

No Proxecto ILUMIN@ participan 38 concellos da Provincia de Lugo.

*Real Decreto 1516/2018, do 28 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, ampliando o seu orzamento e vixencia.

* Real Decreto 316/2019, do 26 de abril, polo que se modifica o Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

* Real Decreto 1185/2020, do 29 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

O proxecto ILUMIN@ está encadrado no Obxectivo Específico: OE 431-Eficiencia enerxética na edificación e nas Infraestruturas e servizos Públicos: Medida 6 Renovación das instalacións de iluminación, iluminación e sinalización exterior.

O obxectivo principal deste proxecto será a redución do gasto enerxético en, polo menos, un 30% mediante o uso de lámpadas con tecnoloxía LED, obtendo unha clasificación enerxética A ou B, segundo as bases do R.D. 626/2017.

O importe total do proxecto ILUMIN@ é de 542.348,74 €, sendo o cofinanciamento do FEDER dun 80% 433.878,97 € asumindo a Deputación de Lugo o restante 20% con fondos propios 108.469,77 €.

Imáxenes

Actuaciķns_Concello_Mondoņedo_06-22 Indicadores_Produtividade_Concello_06-22 FotoDep_06-22

Ver máis imáxenes

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoņedo
Concello de Mondoņedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoņedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com