Que segundoa documentación que consta nestas dependencias municipais, resulta que esteConcello foi beneficiario, no ano 2021, da actuación PROGRAMA SAF 2021,incluída no PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2021 daDeputación de Lugo.
O servizo de axuda no fogar (SAF)é un servizo público de carácter local consistente en ofrecer un conxunto deatencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio parafacilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual.
Neste momento temos dúasmodalidades de servizo de axuda no fogar:
Servizo de axuda no fogar parapersoas dependentes
Servizo de axuda nofogar-Prestación Básica, para persoas que non están valoradas como dependentes.
Os beneficiarios deste servizopoden ser todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordocoa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. Dexeito particular, o SAF atenderá a persoas maiores con déficits de autonomía ea persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal noseu contorno inmediato, así como a fogares con menores nos que se observenecesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. Tamén poderá dar unharesposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en riscode exclusión social.