Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Noticias

Noticias

BANDO - AXUDAS Á EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS

BANDO

AXUDAS PARA A MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS

D. MANUEL ANGEL OTERO LEGIDE, ALCALDEDO EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO

FAI SABER:

Que se publicou no DOG Nº 43 do 3de marzo a resolución do 18 de febreiro de 2022 pola que se convoca oPrograma de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendasdo Plan de Recuperación, transformación e resiliencia. Código do procedemento: VI406E.

Bases publicadas no BOE do 6de outubro do 2021;Real Decreto 853/2021, do 5 de outubro.

BENEFICIARIOS :

Persoasfísicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias de vivendas unifamiliares ou pertencentes a edificios plurifamiliares queconstitúan o domicilio habitual e permanente no momento da solicitude da axuda.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:

As que se realicen nas vivendas nasque se acada unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción erefrixeración de, polo menos, o 7% ou unha redución do consumo de enerxíaprimaria non renovable de, polo menos, un 30%.

As actuacións de modificación ousubstitución de elementos construtivos da envolvente térmica e depermeabilidade do aire, cando proceda, que se adecúen ao documento básico deaforro de enerxía do Código Técnico da edificación. (Precisase un certificadode eficiencia enerxética da vivenda subscrito por técnico competente.)

As actuacións non poderán estariniciadas antes do 1 de febreiro de 2020 nin estar finalizadas no momento dapresentación da solicitude.

CONTÍA DAS AXUDAS:

A contía máxima de subvención será do40% do custo subvencionable, cun límite de 3.000€.

O custo mínimo da actuación terá queser igual ou superior a 1.000€ por vivenda

PRAZO DE SOLICITUDE:

O prazo parasolicitar as axudas remata o día 14 de outubro de 2022.

As solicitudes presentaranseobrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xuntade Galicia con calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidosincluído o sistema de usuario e Chave 365. Outorgaranse tendo en conta a ordecronolóxica de entrada das solicitudes no rexistro.

Para calquera información: OficinaMunicipal de Rehabilitación. Teléfonos 982521402-982524003.

O que se fai saber para xeral coñecemento, en Mondoñedo,

O Alcalde do Excmo. Concello de Mondoñedo Don Manuel Angel Otero Legide

Descarga de archivos

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com