Que segundoa documentación que consta nestas dependencias municipais, resulta que esteConcello foi beneficiario, no ano 2021, da actuación GASTOS CORRENTES DERIVADOSDA SITUACIÓN DE EMERXENCIA SANITARIA POR MOR DO CORONAVIRUS (COVID-19),incluída no PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2021 daDeputación de Lugo.
O 14 de marzo de 2020 declarouse oestado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada poloCoronavirus COVID-19, ao abeiro do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo (BOEnúm. 67, do 14 de marzo). Esta enfermidade, considerada pandemia, polaOrganización Mundial da Saúde, provocou un serio risco para a saúde das persoasdebido á súa elevada capacidade de contaxio.
As distintas administraciónsestatais e autonómicas adoptaron unha serie de medidas para tratar de reduciros seus efectos, principalmente o confinamento, e logo a recomendación dunhaserie de medidas hixiénicas e sanitarias coa fin de previr a súa propagacióndun xeito masivo. Neste caso, no ano 2021, houbo dúas liñas de actuación:
Unha destas medidas foi a deadquisición de material hixiénico sanitario medidas preventivas COVID-19.
Neste caso o Concello deMondoñedo, estimou a necesidade de destinar 2 persoas do seu plantel municipal(non foron novas contratacións), isto é, un operario, e un peón de limpeza, paraa realización de labores de limpeza, desinfección e desinfectación de locais ebens inmobles de titularidade pública e/ou municipal ao longo de todo o ano,imputando únicamente, neste programa, os custos de nóminas e seguridade socialde media xornada destes dous traballadores.