Que segundoa documentación que consta nestas dependencias municipais, resulta que esteConcello foi beneficiario, no ano 2021, da actuación PROGRAMA DE ACTIVIDADES CULTURAIS PLAN ÚNICO 2021: ESCOLA MUNICIPAL DEMÚSICA (NÓMINAS E SEGUROS SOCIAIS DO DIRECTOR E DOUS MESTRES), incluída no PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COSCONCELLOS 2021 da Deputación de Lugo:
AEscola Municipal de Música, é un centro de titularidade pública, que dependedirectamente do Concello de Mondoñedo, que desenvolve a súa actividade durante todo o ano. O plantel docente co que contou a Escola de Música naanualidade 2021, e imputado a este programa do Plan Único é o seguinte:
- Juan RamónCarballal González: Director e profesor que impartiu violín, viola,interpretación musical, orquestra.
- XuliaNogueira Fernández: Profesora de Violoncello, contrabaixo, Coro, Linguaxemusical, música e movemento e formación de adultos.
- Rubén SollosoIrimia: Profesor de instrumentos de metal (trompeta, trompa, trombón,...) ebanda.
AEscola Municipal de Música conta con alumnas/os de todas as idades, xente mozae adulta, en grupos diferenciados por idades, veciños de Mondoñedo e o Concellolimítrofe de Lourenzá.
Amaior abundamento, a Escola Municipal de Música realizou unha serie deactividades ao longo do ano 2021, a maiores dos ensaios individuais coalumnado, como son, concertos, actuacións musicais para o público mindoniense,etc.
É moiimportante subliñar, que a celebración destas actividades presenciais, vironsealteradas, debido á enfermidade provocada polo Coronavirus Covid-19, declaradapandemia pola OMS. O director e os docentes continuaron contratados todo o ano2021,e cando foi necesario durante o mes de xaneiro, teletraballando,realizando todas as actividades posibles de xeito presencial a partir do mes defebreiro.
En conclusión, a Escola de Música, nunha vila de grantradición cultural pero cunha limitación notable de recursos económicos, como éMondoñedo, é fundamental de cara á súa contribución á posta en valor da culturamusical, ademais de servir como medio de esparexemento e actividade de ocio,para mozos/as e adultos, contribuíndo tamén a proporcionar ao seu alumnado, nonsó coñecementos culturais, senón todos os beneficios inherentes á prácticadunha actividade musical: mellora dashabilidades lectoras e de escritura, sobre todo en nenos/as con dislexia,mellora do estado anímico, así como a mellora de relación cos demais, etc.
Polotanto, a Escola de Música constitúe un medio fundamental de promoción edinamización cultural para o público de todas as idades do noso Concello.