Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

Bando plan especial de protección e rehabilitación do conxunto histórico de Mondoñedo

BANDO DE ALCALDÍA

DON MANUEL ÁNGEL OTERO LEGIDE, Alcalde-Presidente doConcello de Mondoñedo, por medio do presente,

FAI SABER: Que o Concello de Mondoñedo vén de iniciar ostraballos para a redacción dun Plan Especial de Protección e Rehabilitación doConxunto Histórico da nosa Cidade, que virá a actualizar o PEPRI que estávixente desde o ano 1994.

Continuando coa longa experiencia que xa acumula Mondoñedo,o novo Plan adaptado a todas as leis e normas ditadas nos últimos 27 anospropoñerá as acción necesarias para facilitar a mellora e a rehabilitación dosedificios e das vivendas do conxunto, que representan a nosa morada e tamén aorixe e identidade mindoniense, coa finalidade de acadar a recuperación de todoo noso patrimonio, mellorando as condicións de vida das veciñas e dos veciños eo aprecio e desfrute de todas e todos nós e de cantas persoas nos visitan.

Para realizar estes traballos cómpre coñecer ascaracterísticas, o estado e as necesidades actuais de mellora dos edificios,das vivendas e dos locais. Para estes efectos, persoal técnico ao servizo doConcello -debidamente acreditado e identificado- visitará nas próximas semanastodas as vivendas e locais, recadando a información precisa.

Con tal motivo, diríxome a todas e todos as veciñas eveciños pregándolle que faciliten o acceso das técnicas e técnicos ao interiordo edificio e colaboren do mellor modo á recollida da información que llessolicitarán, para documentar o mellor posible os traballos, dos que o ConxuntoHistórico e toda a Cidade nos beneficiaremos.

Agradecendo a colaboración de todas e de todos, e contandoque servirá para mellor fundamentar os proxectos para a mellora do nosoConxunto Histórico e das súas vivendas, locais e edificios.

O que se fai público para xeral coñecemento ecorrespondentes efectos.

O Alcalde;

Descargue o Bando a seguir:

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com