Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

V CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL EN FACHADAS, BALCÓNS, PORTAIS, ESCAPARATES E DE ÁRBORES DE NADAL. MONDOÑEDO 2021

V Concurso decoracón Nadal_2021

V CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL EN FACHADAS, BALCÓNS, PORTAIS, ESCAPARATES E DE ÁRBORES DE NADAL. MONDOÑEDO 2021

INTRODUCIÓN

Con motivo da festividade do Nadal, o Excmo. Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, organiza a quinta edición do Concurso de Decoración de Nadal que abrangue decoracións en fachadas, balcóns, portais, xardíns, escaparates, etc. así como instalación de árbores de Nadal. En modalidade individual e colectiva como se establece nas presentes bases.

Está aberto a toda a veciñanza con residencia no municipio de Mondoñedo, e ten como obxectivo incentivar a decoración de nadal nas vivendas e no comercio local e, con iso, colaborar a difundir o ambiente de nadal polas nosas rúas, dando protagonismo aos cidadáns, promovendo a súa participación activa para acadar entre tod@s un conxunto de nadal integrado no noso casco histórico e en todo o municipio, tendo en conta ademais, que estamos dentro da rede española de "Los Pueblos Más Bonitos de España".

BASES REGULADORAS

1 - Ámbito de Participación.

Poderá participar calquera veciño/-a con residencia neste municipio.

2 - Categorías.

Estableceranse catro modalidades:

Modalidade Individual Particulares: particulares de vivendas que adornen a súa fachada, balcóns, portais, entradas,...

Modalidade Individual Comercio Local: comercio, hostalería, restauración, autónomos, etc. que decoren os escaparates e/ou entradas/fachadas dos seus negocios.

Modalidade Colectiva: comunidades veciñais, veciños/-as de barrios, rúas ou prazas que decoren árbores, fachadas, farois, parques, etc. de forma colectiva.

Modalidade Mellor Árbore de Nadal: individuos ou colectivos que decoren árbores.

3 - Xurado.

O Xurado estará composto por:

Representante da Oficina Municipal de Rehabilitación do Casco Antigo.

Representante da Oficina Municipal de Turismo.

Representante da Mancomunidade de Turismo.

Representante da Xunta de Galicia

Representante dunha asociación elixido por sorteo.

Será nomeada coordinadora do concurso Claudia del Pino, que manterá informado no transcurso do certame ao titular da Concellería de Cultura do Concello de Mondoñedo.

4 - Aspectos a valorar.

Serán valorados os aspectos seguintes:

Composicións e deseños acordes co Nadal e respectuosas co entorno.

Iluminación variada e respectuosa co entorno.

Orixinalidade

Introdución de elementos tradicionais do Nadal.

Recomendarase a introdución de guirnaldas con tonalidades verdes, vermellas, con dourados e prateados.

A zona elixida polas persoas participantes para ser decorada terá que ser visible dende a vía pública para poder valorarse.

5 - Inscricións.

Para inscribirse poderán facelo na Oficina de Turismo de Mondoñedo ou a través doteléfono 982507177, preguntando pola lista de anotacións a este concurso.

Haberá que indicar o nome e apelidos, DNI, o enderezo onde se localiza a decoración para avaliar e un teléfono de contacto.

6 - Período de Inscricións:

Dende o día 5 de novembro e ata o 23 de decembro, ambos inclusive.

7 - Duración do concurso:

Dende o mesmo momento que decida anotarse a persoa ou grupo de persoas (no caso damodalidade colectiva) e ata o día 6 de xaneiro de 2021.

8 - Premios:

Modalidadeind ividual para fachadas, balcóns, portais, etc:

PREMIO ÚNICO: 100 EUROS

Modalidade individual comercio local escaparates e fachadas:

PREMIO ÚNICO: 100 EUROS

Modalidade colectiva para comunidades veciñais, barrios, rúas, etc.

PREMIO ÚNICO: 200 EUROS

Modalidade Mellor árbore de Nadal:

PREMIO ÚNICO: 50 EUROS.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com