Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidad

VI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "O MELLOR RECUNCHO DE MONDOÑEDO"

Concurso Fotografía_2021

BASES DO VI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "O MELLOR RECUNCHO DE MONDOÑEDO"

O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convoca oVI Concurso de Fotografía "O Mellor Recuncho de Mondoñedo" baixo o lema "Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta" que ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2022 coas mellores fotografías de recunchos da localidade.

BASES:

1ª Obxecto

O presente concurso está destinado á elección de trece fotografías, unha para cada mes do ano, que ilustrarán o calendario municipal do ano 2021, máis unha para a portada do mesmo.

De entre todas as imaxes elixiranse ás tres mellores outorgándolles premio individual tal como se relata no punto correspondente.

2ª Participantes.

O concurso está aberto a tod@s as persoas físicas que desexen participar agás aquelas vencelladas de forma directa co Concello de Mondoñedo, así como a familiares de 1º e 2º grao ascendentes e descendentes das persoas que integren o xurado así como as súas respectivas parellas.

3ª Presentación de Orixinais

Cada participante poderá presentar só unha foto ao concurso.

As fotos presentaranse en soporte dixital no seguinte enderezo de correo electrónico: recunchosdemondonedo@gmail.com e deberase indicar no asunto "Concurso Fotografía 2021". No corpo do correo incluirase o nome do/da participante e un número de teléfono de contacto.

As imaxes non poderán levar marcas de auga de ningún tipo, nomes sobrepostos, marcas derivadas dos teléfonos móbiles, marcas en xeral, comentarios ou similares que puidesen permitir a identificación da autoría da imaxe. En caso de que isto suce da a imaxe non entrará en concurso quedando eliminada.

Nas fotos non poderán saír persoas nenos/-as e/ou menores de idade identificables como tal. De así suceder, ten que constar consentimento expreso do/da pai/nai/titor-a conforme autoriza á persoa que achega a imaxe a que esta imaxe se presente ao concurso e que se faga pública nas condicións que recollen estas bases.

Presentaranse en formato JPG, TIF ou BMP cunha resolución mínima recomendable de 300 ppp, pero non será un factor excluínte. Pero as fotos que non teñan unha resolución mínima que permita a súa edición e colocación no calendario coa suficiente garantía de calidade final, poderán ser descartadas polo xurado en base a este criterio.

Dado que as imaxes irán montadas no calendario do concello, preferentemente deberán presentarse cun tamaño tendente ao formato cadrado ou proporcional a este. En caso de presentar outros tamaños e resultar elixidas, serán recordadas para encaixar neste formato. En caso de dúbida do xurado e/ou empate entre dúas ou máis fotos, o xurado empregará o criterio de tamaño e mellor adaptación ao formato do calendario para darlle preferencia na súaelección entre as fotos empatadas.

4ª Prazo depresentación

O prazo de presentación de orixinais comeza coa publicación destasbases na web e nas redes sociais do Concello de Mondoñedo e remata o día 30 de novembrodo 2021, incluído este día.

5ª O Xurado

O xurado estará integrado por 5 membros e 1 secretario/-a. Os membros terán voz e voto e o/a secretario/-a só voz pero non voto.

O Xurado estará presidido polo Concelleiro de Cultura, ou persoa en quen delegue, e terá como vogais 2 persoas pertencentes ao Concello deMondoñedo, ben sexan técnicos ou membros do equipo de goberno, e 2 persoas, alleas ao concello, con experiencia no eido da fotografía. Todos eles contaráncon voz e voto.

O/A Secretario/-a será persoal da Oficina de Turismo de Mondoñedo que coordinará a recollida de orixinais e envío destes, unha vez rematado o prazo de presentación de orixinais, aos diversos membros do xurado.

Para garantir o anonimato do concurso, a secretaría do evento recollerá as imaxes do e-mail e asignaralles un número de identificación que individualizará a imaxe. Esta, xunto co número, será a que se remita ao xuradosen comunicar a autoría da foto ata despois da valoración e votación das mesmas.

A secretaría do evento estará presente na reunión co xurado que valoreas fotos. Nela terá voz pero non voto e levantará acta do resultado da reunióndo xurado.

6ª Resolución.

O Xurado reunirase en sesión única nos comezos do mes de decembro e fallará sobre os as propostas presentadas.

Tras diso comunicarase coa terna de gañadores/-as do concurso e procederase a coordinar a data de entrega de premios e presentación do calendario oficial do Concello de Mondoñedo para o ano 2022.

7ª Exposición epublicación de orixinais. Dereitos de imaxe.

As fotos premiadas así como aquelas seleccionadas para formar parte do calendario, de consideralo oportuno o Concello, poderán ser publicadas nas redes sociais propias do concello.

Estas publicación levaranse a cabo sempre tras o fallo do xurado e coa correspondente autoría indicada.

Así mesmo autorízase expresamente ao concello ao uso das fotos gañadoras para a elaboración do cartel do concurso do ano seguinte.

Os dereitos sobre as imaxes seguen a ser dos/das autores/-as pero permítelle ao concello o seu uso nos aspectos e supostos arriba indicados sen ter que pedir permiso expreso á persoa propietaria da foto.

8ª Premio

Establécese tres premios consistentes en diverso material cultural do Concello de Mondoñedo e da Casa Museo Álvaro Cunqueiro.

9ª Final.

Calquera suposto non contemplado nestas bases será avaliado e solucionado polo xurado.

A presentación de orixinais para a participación neste concurso implica aceptar todas e cada unha das bases aquí expostas.

A resolución do xurado é inapelable.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com