Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

BANDO - Apertura piscinas 2021

DON MANUEL ÁNGEL OTERO LEGIDE , Alcalde do Excmo. Concello de Mondoñedo.
FAI SABER: que o vindeiro día 1 de xullo está prevista a re apertura das piscinas municipais, sendo o horario do seu funcionamento de 12 a 20 horas, (aínda así, este ano para facer fronte ás medidas que tomaremos polo Covid-19 empezaranse a realizar tarefas de mantemento a partir das 19 horas ata a hora do peche) e permanecerán abertas ata o 31 agosto, sen prexuízo da posibilidade de modificar tales datas, en función das condicións climatolóxicas.
Poderán ir as oficinas de ABANCA para pagar os abonos para a entrada na instalación. RECORDAMOS que dentro do abono familiar entrarán os conviventes da familia que vivan na mesma casa (pais/nais, fillos/ as que dependan dos pais). Terase que presentar na instalación das piscinas tanto o xustificante de pago como os datos dos abonados.
Para facer esta solicitude é necesario presentar os carnets de identidade dos integrantes da familia, no caso de abono familiar, ou ben do solicitante en caso de ser abono individual. Así mesmo será necesario aportar fotografía tamaño carnet de cada socio ou fotocopia da mesma.
As normas que rexerán esta tempada nas instalacións cambiarán polo COVID-19 nos seguintes puntos:
∙A instalación terá un aforo total, sobre pasado o cal non poderá entrar ninguén na instalación ata que este aforo volva baixar.
∙Cada Piscina terá un aforo. Unha vez cheguemos ao aforo máximo de cada vaso este péchase ata que devandito aforo baixe.
∙Dentro dos vestiarios será obrigatorio o uso de máscaras, e sempre que non poidas gardar as distancias de seguridade fora do mesmo.
∙Non haberá duchas e vestiarios pequenos para cambiarse.
∙Non se poderán deixar cousas dentro da instalación.
∙Tentamos que na medida do posible os vestiarios sexan zona de paso.
∙Cada zona dentro da instalación ten un aforo que hai que respectar. Sempre terán que seguir as indicacións do persoal das instalacións.
∙Fóra da instalación dos vestiarios, na zona de céspede se seguirán as instrucións dos socorristas e da cartelería existente para manter as distancias de seguridade, do caso de non poder será obrigatorio o uso de máscara.
∙Na zona de praia (nas baldosas que rodean a piscina) poderase quedar un adulto para vixiar dun menor, considerando esta zona como zona de tránsito.
∙Os responsables do cumprimento da normativa que rexe o uso da piscina no que refire ao COVID-19, e a seguridade das instalacións serán os socorristas, polo que pedimos máxima colaboración cos mesmos para que a normativa se cumpra.
Manteranse as normas aprobadas polas autoridades en canto ao aforo e medidas sanitarias en ralación coa situación actual de pandemia provocada pola COVID-19
Os prezos actuais son os seguintes:
1
CONCELLO DE MONDOÑEDO
Praza do Concello, 1 / 27740 Mondoñedo
Tlfno. 982524003
concellomondonedo@gmail.com
Cod. Validación: 64HEXWWFKHK4H4HFMSGAKRQJP | Corrección: https://mondonedo.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 1 a 2
MANUEL ÁNGEL OTERO LEGIDE (1 para 1)
ALCALDE-PRESIDENTE
Data de Sinatura: 15/06/2021
HASH: 08e9b2b3c10c13bf5262f652c432b085
a) Nenos e mozos ata 18 anos inclusive:
Entrada diaria.................................1,25 €.
Abono mensual.............................. 9,46 €.
Abono tempada............................. 12,60 €.
b) Mozos e adultos (de máis de 18 anos):
Entrada diaria.................................2,20 €.
Abono mensual.............................. 15,76 €.
Abono tempada............................. 18,91 €.
c) Familiares:
Abono mensual...............................25,21 €.
Abono tempada..............................37,82 €.
Para calquera dúbida sobre o funcionamento das instalacións, para dúbidas sobre a realización dos abonos, pódese chamar ao teléfono 605790091.
O que se fai público para xeral coñecemento e correspondentes efectos

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com