Novas
Charla - Coloquio "Lembranza da Emigración en América"
Os interesados poderán seguir o acto a través do Facebook Live da Secretaría Xeral da Emigración: Galiciaaberta
XIV Xornadas do Peregrino "Abrindo Camiño", en Mondoñedo - 2021
Os sábados 12 e 19 de xuño e o sábado 3 e o domingo 4 de xullo celebraranse en Mondoñedo as XIV Xornadas do Peregrino "Abrindo Camiño".
O sábado 12 de xuño, a partir das 19:30 h, terá lugar o acto de inauguración das Xornadas e, seguidamente, a charla-coloquio Lembranza da Emigración en América, presentada e moderada polo secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, que será emitida a través do Facebook Live da Secretaría Xeral da Emigración.