Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

BANDO - Fogueiras de San Xoán

BANDO

DON MANUEL ÁNGEL OTERO LEGIDE,ALCALDE

DO EXCMO CONCELLO DE MONDOÑEDO

FAISABER:

Que: Enrelación coas fogueiras de San Xoán de realización tradicional no nosoConcello, este ano e á vista da situación especial derivada da epidemia doCOVID-19, non se autorizarán fogueiras nas que se conte cunha asistenciamasiva de persoas; prohibindo así a celebración da tradicional fogueira de SanXoán en espazos públicos.

Polo querespecta ás fogueiras de ámbito familiar, será necesario pedir autorizaciónprevia no Concello ata o venres, día 18 de xuño. Será de obrigado cumprimento eteranse en conta as seguintes indicacións:

-Ostitulares da finca en que se realicen serán responsables dos danos que poidanocasionar con motivo da mesma.

-Deberándeixar recollidos os restos unha vez rematada a queima.

-Asfogueiras realizaranse en parecelas privadas (sen acceso ao público en xeral)polo que non poderán facerse en vías públicas pavimentadas, nin en zonas verdesou xardíns, lugares próximos á liña eléctrica, inmobles e naqueles onde poidacrearse situación de perigo.

-Asfogueiras terán que gardar unha separación mínima de 12 metros lineas coavexetación, coas casas e cós edificios máis cercanos.

-A súaaltura máxima será de 14 metros e o diámetro da zona de combustión non superaráos 6 metros de ancho.

-Para acombustión só poderá empregarse leña, ramas, troncos de árbores ou calqueramaterial de madeira. Estará prohibido o uso de materiais inflamables como rodase cubertas de goma, plástico ou calquera derivado de hidrocarburos, así comomateriais ou produtos contaminantes, explosivos, fedorentos ou tóxicos.

-Deberasedeixar apagado o foco antes de marcharse; en caso de vento non se poderá levara cabo o prendido da mesma.

-Condicionara eficacia da autorización ao cumprimento dos seguintes requisitos:

1.Adoptar as correspondentes medidas de seguridade

2.Manteranse as normas aprobadas polas autoridades en cantoao aforo e medidas sanitarias en relación coa situación actual de pandemiaprovocada polo COVID-19

O que se faipúblico para xeral coñecemento e correspondentes efectos.

Agardando asúa colaboración,

O Alcalde;

Descarga oBando a seguir en formato PDF

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com