Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

O Servizo de Axuda no Fogar de Mondoñedo continúa sen lista de agarda

En total, atende a 118 familias, das que 62 sondependentes e 56 reciben a prestación básica

 

O Servizode Axuda no Fogar de Mondoñedo continúa sen lista de agarda

· O SAF, que funciona de luns a domingo en horario de mañá e tarde, xera 26postos de traballo, das que tres están contratadas para as vacacións

· O goberno local reitera o seu empeño de mobilizar todos os recursosdispoñibles para que a xente maior viva nos seus domicilios e nas mellorescondicións posibles

Mondoñedo, a 4de xuño de 2021.- O Servizo de Axudano Fogar do Concello de Mondoñedo continúa sen lista de agarda. En total,atende a 118 familias, das que 62 son dependentes e 56 reciben a prestaciónbásica.

Deste xeito, o servizo está totalmente ao día, sendo estepara o goberno local un dos máis importantes que presta, co fin de que a xentemaior viva nos seus domicilios o maior tempo e nas mellores condiciónsposibles.

Creación de emprego

A través do SAF,a entidade local tamén crea emprego. Concretamente, o Concello ten 26auxiliares de axuda no fogar, das que tres están contratadas para as vacacións.A atención é de luns a domingo e en horario de mañá e tarde, mediante persoalpropio.

A este servizo, oConcello destina unha importante cantidade económica. Ademais da aportación quefai o propio Concello, no caso do Servizo de Axuda no Fogar-Dependencia estásubvencionado, en parte, polo Servizo de Dependencia da Consellería de PolíticaSocial, e o SAF-Prestación Básica, en parte, a través do Plan Único daDeputación de Lugo.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com