Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

O Concello e Galician Country Homes organizan a xornada "Mondoñedo Renace" sobre a posta en valor do patrimonio histórico e a súa recuperación

A xornada terá lugar este sábado 5 de xuño a partir das once da mañá no auditorio municipal Pascual Veiga

 

O Concello eGalician Country Homes organizan a xornada "Mondoñedo Renace" sobre a posta envalor do patrimonio histórico e a súa recuperación

· A xornada contará con catrorelatorios, unha mesa de experiencias e as intervencións do delegadoterritorial da Xunta en Lugo, da xefa de área do IGVS e a directora xeral de GalicianCountry Homes

· A xornada conta coa colaboración da Xunta de Galicia, o IGVS, Inmobiliaria Áticca, Inmobiliaria Mondoñedo e Hotel Camino de Estrellas

Mondoñedo, a 3 de xuño de 2021.- O Concello de Mondoñedo continúa a apostar pola recuperación do seu patrimonio. Así, a travésdun convenio de colaboración con Galician Country Homes organizan a xornada "Mondoñedo Renace" que terá lugar este sábado 5 de xuño no auditorio municipalPascual Veiga a partir das once da mañá.

"Os obxectivos desta entidade diríxenseá recuperación e á potenciación do patrimonio histórico e a loita contra o retodemográfico, na mesma liña que os do noso Concello e o Goberno galego", puntualizan dende o goberno mindoniense.

A benvida da xornada "Mondoñedo Renace" correráa cargo da tenente de alcalde e deputada autonómica, Elena Candia, á que lleseguirá a intervención do delegado territorial da Xunta, Javier Arias, sobre arexeneración e renovación urbana na área Rexurbe Mondoñedo.

Posteriormente, será a quenda de catrorelatorios. A directora xeral de Galician Country Homes, Rosy Costoya, falará sobre o proxecto Mondoñedo Renace:recuperando o esplendor do Antigo Reino de Galicia; a xefa de área do IGVS enLugo, Mar Gómez Pardo, exporá as axudas á adquisición e rehabilitación deinmobles para vivendas e para a posta en marcha de iniciativas empresariais; oprofesor-doutor da Universidade Rey Juan Carlos, Felipe Rodolfo DebasaNavalpotro abordará os conceptos de desinfoxicación e resiliencia; e,finalmente, o historiador e arqueólogo do Concello de Mondoñedo, Abel Vigo, repasaráo patrimonio mindoniense.

A programación tamén recolle unha mesade experiencias nun formato mixto (videoconferencia, vídeo e presencial) denominada "Eu quédome... en Mondoñedo" na que participará a investidora estadounidenseSorina Infante, a compradora da antiga fábrica de gasosas, a francesa MarieVirgiene Joëlle, a tradutora vasca exerente do negocio de artesanía de Mondoñedo "A Esmaltería", Beatriz Olaizola;o madrileño e o arxentino que mercaron unha vivenda indiana, Víctor Gómez eJuan Rezzuto; e dous baleares que mercaron tamén unha casa no casco histórico, Luis e María.

A clausura, arredor da unha e cuarto domediodía, correrá a cargo do alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, despois daproxección do vídeo promocional do Plan Rexurbe.

A xornada conta coa colaboración da Xunta de Galicia, o IGVS, InmobiliariaÁticca, Inmobiliaria Mondoñedo e Hotel Camino de Estrellas.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com