CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN, POR CONCURSO-OPOSICIÓN, DUN EMPREGO DE CARÁCTER LABORAL TEMPORAL, A TEMPO PARCIAL (75% XORNADA-6 HORAS/DIA) DE VARREDOR/A, PARA COLABORAR NA DELEGACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS, POR UN PERÍODO MÁXIMO DE 2 MESES, SENDO A DATA LÍMITE DE FINALIZACIÓN DO CONTRATO O 30 DE SETEMBRO DE 2021, PARA O CONCELLO DE MONDOÑEDO (PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2020 DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO)
Prazo presentación de solicitudes: O prazo de presentación de instancias será de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
A seguir pode descargar vostede a publicación do BOP de Lugo, número 118, do día 27 de maio de 2021, onde se recolle este proceso e o modelo de solicitude en formato editable.