Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

O Concello presenta en Fitur un novo instrumento de promoción de Mondoñedo como lugar para vivir, investir e emprender

O Plan de Dinamización Urbanístico, Demográfico,Económico e Social Mondoñedo Rexurbe, en colaboración coa Xunta de Galicia, éun plan "moderno, creativo e real"

 

O Concello presenta en Fitur un novo instrumento depromoción de Mondoñedo como lugar para vivir, investir e emprender

· Así o recolle a entidade local nun vídeo promocional ondese destaca a súa riqueza histórica, cultural, artística, turística e paisaxística

· A tenente de Alcalde,Elena Candia, participou no día de onte nesta feira internacional, onde, aíndaque dun xeito diferente, aproveitou a xornada para levar a cabo reunións "estratéxicas", como foi o encontro coa escritora Espido Freire e a comisariado Xacobeo, Cecilia Pereira, ou co presidente de Foro ECOFIN e do ClústerMadrid Capital Fintech, Juan Verde, así como con Luis Castillo, presidente daComisión de Silver Economy do clúster MAD FinTech

· Mondoñedo que é un dos Pueblos Más Bonitos de España;conta cun casco histórico recoñecido como BIC, ARI, Patrimonio da Humanidade eÁrea Rexurbe; espazos de importancia histórica coma a catedral, a ponte doPasatempo e o barrio dos Muíños centrado na artesanía

· Mondoñedo é municipio Doing Business polo queofrece vantaxes fiscais ás empresas que se instalen no seu territorio

· O Concello continúa a apoiar os sectores do turismo e o agroalimentarioe considera que a súa ubicación "é ideal para o asentamento de empresas dosector forestal¿"

· O goberno local pon en valor a dotación de servizossociais, educativos, as comunicacións, a variada oferta turística e de ocio ouas axudas á rehabilitación de vivenda de cara ao asentamento da poboación

Mondoñedo, 20 de maio de 2021.- O Concello de Mondoñedo presenta en Fitur un novo instrumento depromoción de Mondoñedo como lugar para vivir, investir e emprender: o Plan deDinamización Urbanístico, Demográfico, Económico e Social Mondoñedo Rexurbe, encolaboración coa Xunta de Galicia, un plan "moderno, creativo e real".Precisamente, a tenente de Alcalde, Elena Candia, participou no día de onte nestafeira internacional, onde, aínda que dun xeito diferente, aproveitou a xornadapara levar a cabo reunións "estratéxicas". É o caso do encontro que mantivo coaescritora Espido Freire e a comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira, ou copresidente de Foro ECOFIN e do Clúster Madrid Capital Fintech, Juan Verde, asícomo con Luis Castillo, presidente da Comisión de Silver Economy do clúster MADFinTech, quen, a través da súa empresa, impulsa o consumo nos mercadosmunicipais de Madrid coa tarxeta Silver Money.

O Concellodestaca a riqueza histórica, cultural e artística; ademais da súa singularidadepaisaxística a través dun vídeo de promoción de Mondoñedo como "un lugar idealpara vivir, investir e emprender". A peza audiovisual recolle distintosatractivos do municipio recoñecido como un dos Pueblos Más Bonitos de Españae que conta cun conxunto histórico artístico recoñecido como Ben de IntereseCultural (BIC) no ano 1985, a declaración como Área de Rehabilitación Integral(ARI) no ano 1998, Patrimonio da Humanidade dende o 2015 e Área Rexurbe dende o2020.

A catedral é undos elementos patrimoniais máis emblemáticos, pero a cidade de Mondoñedo posúemoitos outros referentes históricos, artísticos e culturais como é a figura deÁlvaro Cunqueiro ou a ponte do Pasatempo e o barrio dos Muíños que concentraboa parte da actividade do eido da artesanía do municipio.

MunicipioDoing Business

Decara a favorecer o asentamento de empresas, o Concello de Mondoñedo ofrece acolaboración da administración local e facilidades para o asentamentocomercial. Ademais, adheriuse á iniciativa Doing Business impulsada desde o IGAPEque permite ofrecer vantaxes fiscais ás empresas que se instalen no seuterritorio. Deste xeito, os proxectos empresariais que xeren empregodisporán de rebaixas no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO)e no Imposto de Actividades Económicas (IAE).

Dendeo goberno municipal recordan a ampla dispoñibilidade de solo industrial nomunicipio e continúan a demandar á entidade que xestiona o polígono deMondoñedo e que depende do Goberno do Estado, Suelo Empresarial del Atlántico(SEA), o abaratamento do solo industrial para facer do polígono mindoniense unespazo competitivo.

Poroutra banda, dende o Concello promoven e apoian os sectores do turismo e oagroalimentario mindoniense baseados en prácticas ecolóxicas e sostibles e ponen valor os produtos da horta e o pan de Mondoñedo. Tampouco se esquece dosector forestal, moi importante na comarca, e para o que o municipio constitúeunha ¿ubicación ideal para o asentamento de empresas do sector¿, así como dopotencial turístico.

Un municipio paravivir

As liñas de traballoque están a seguir o goberno local son as de dinamizar a economía local emellorar as condicións de vida dos veciños, tal e como recollía na segunda fasedo plan 'Mondoñedo, Municipio para Investir' presentado en setembro do anopasado.

Así de cara aoasentamento da poboación, o goberno local defende tamén que "Mondoñedo é unespazo idóneo para teletraballar ou desenvolver proxectos coworking" esinalan a dispoñibilidade de conexión 5G a Internet. E, ademais da dotación dedistintos servizos sociais e educativos, o Concello fai fincapé naconectividade do municipio a través de distintas vías de comunicación como sona autovía A-8, os aeroportos a unha hora de distancia ou as praias e a costa a20 minutos. E outra das oportunidades que presenta Mondoñedo é a posibilidadede optar a axudas para a rehabilitación de vivendas.

O vídeo recolletamén a "variada oferta turística" do municipio vinculada ao patrimoniohistórico artístico, pero tamén á natureza. Así, Mondoñedo ofrece distintasposibilidades para o desenvolvemento de turismo activo: visitas á Cova do ReiCintolo, sendeirismo, rutas BTT e tamén é final de etapa do Camiño Norte deSantiago.

VÍDEO:

https://www.youtube.com/watch?v=WLPZz3uD8Mo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com