Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidad

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2021 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 25 de febreiro de 2021, polo que se aproba o Plan de dinamización elaborado polo Concello de Mondoñedo

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2021 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 25 de febreiro de 2021, polo que se aproba o Plan de dinamización elaborado polo Concello de Mondoñedo.

En cumprimento do disposto no artigo 60.2.f) da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 25 de febreiro de 2021, co seguinte texto literal:

«Aprobar o Plan de dinamización elaborado polo Concello de Mondoñedo e determinar as consellerías e os organismos da Xunta de Galicia que deberán participar nel:

¿ Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (Axencia de Turismo de Galicia);

¿ Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación;

¿ Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e Instituto Galego da Vivenda e Solo) e

¿ Consellería de Cultura, Educación e Universidade (Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e Dirección Xeral do Patrimonio Cultural).

O acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e nas páxinas web do Instituto Galego da Vivenda e Solo e do Concello de Mondoñedo».

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2021

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

Resolucióndo DOG nº 56 do 2021/3/24 - Xunta de Galicia

Descarga de archivos

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com