Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidad

BANDO - axudas para a adquisición de vivendas nos centros históricos

O luns 15 de marzo saíu publicada no DOG nº 50 a resolución do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivendas nos centros históricos e se procede a súa convocatoria para o ano 2021. Código de procedemento VI400A.

REQUISITOS

  • Persoas físicas maiores de idade.
  • Posuír nacionalidade española ou, no caso de ser estranxeiras, ter a residencia legal en España.
  • Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 6,5 veces o IPREM.
  • Que se trate dunha vivenda xa construída cun prezo inferior a 100.000 €
  • Haber subscrito con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2021 un contrato privado ou, no seu caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda que esteña situada no ámbito do Conxunto Históricos. No caso de ter escritura formalizada deberá estar empadroado nesa vivenda no momento da presentación da subvención.
  • Que se trate dunha vivenda xa construída admitíndose tanto as vivendas novas como usadas.
  • Que a persoa solicitante e as integrantes da súa unidade de convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social.
  • No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por mais dunha persoa, cada un dos propietarios deberá cumprir os requisitos sinalados.

CONTÍAS

Para Concellos situados nun ámbito declarado Área Rexurbe como Mondoñedo a contía será de ata 15.000€. (cun límite do 20% do prezo da vivenda).Para o resto ata 12.800 € para menores de 35 anos e ata 10.800€ para maiores de 35 anos

PRAZO DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 16 de marzo e rematará o 1 de setembro de 2021.

Para mais información contactar coa Oficina Municipal de Rehabilitación sita no Concello. Teléfonos: 982521402- 982524003. Email: oficinatecnica@concellomondonedo.es

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com